A ABE PARTICIPA NO ESTUDO SOBRE O TERRITORIO QUE ELABORA A REDE DE POLOS DE EMPRENDEMENTO DA XUNTA DE GALICIA
- A Rede de Polos de Emprendemento é unha iniciativa da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade.
- A patronal de Boiro aporta a súa visión sobre as necesidades do territorio e das empresas nel situadas.
- A potenciación e creación de infraestruturas turísticas, a creación de chan industrial a mellora das infraestruturas de transporte e a diversificación dos sectores produtivos son algunhas das propostas remitidas.
Boiro 27 de setembro de 2023
A Rede de Polos de Emprendemento e Apoio ao Emprego é unha iniciativa da Consellería de Promoción de Emprego e Igualdade que traballa para impulsar e consolidar proxectos de Emprendemento que teñan unha vinculación coa súa contorna.
Na actualidade existen 8 polos de Emprendemento repartidos pola xeografía galega e a ABE está enmarcada na área de actuación do Polo Costa da Morte que abrangue as comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira, Barcala, Xallas, Muros, Noia e Barbanza.
O traballo dos polos vai en paralelo cunha das liñas de actuación prioritarias para a patronal de Boiro que consiste en apoiar a persoas emprendedoras e a empresas , no caso dos polos o realizan a través dun acompañamento e asesoramento continuado, unha metodoloxía común validade e adaptada a cada proxecto e titorizada con profesionais de primeiro nivel.
Para levar este proxecto acabo é esencial coñecer o territorio e por isto estase a elaborar un estudo no que participan entidades representativas do territorio, como é o caso da ABE, coa finalidade de poder coñecer mellor tanto o territorio como as necesidades do mesmo, así como das empresas que existen nel.
Propostas da ABE
Entrando en detalle a asociación de emprearios de Boiro aporta a súa visión sobre as necesidades do territorio e como indica o presidente, Daniel García “as principais son a potenciación e creación de infraestruturas turísticas, a creación de chan industrial a mellora das infraestruturas de transporte e a diversificación dos sectores produtivos” entre outras que se trasladaron no documento.
No tocante ás necesidades das empresas “a ABE quixo poñer o foco na necesidade de flexibilizar e axilizar os trámites e os procesos administrativos, contar unha maior información e comunicación coas administracións públicas e a posta en marcha de novas liñas de axudas para o sector empresarial”
Para finalizar a ABE amosou a súa disposición a colaborar coas iniciativas prantexadas pola rede e tamén a necesidade da creación dun polo propio en Barbanza para que poida estar mais preto do territorio ao contar a comarca cun importante número de empresas e unha actividade económica puxante.
https://polosemprendemento.gal/