Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 JOSÉ ESPAÑA SILVA, CARNICERÍA MONCHO BOGA E A TERRAZA DO FURANCHO  PREMIOS ABE 2022

 

 

  • O prazo das votación finalizou onte e estivo moi preto de igualar o récord de votacións
  • O premio de honra recae nun dos mais recoñecidos empresarios da localidade
  • A gala terá lugar o 18 de novembro na Pousada da Galiza Imaxinaria

 

Boiro 8 de novembro de 2022

 

 

Finalizado o prazo para que os socios e socias da ABE escolleran aos gañadores dos premios deste ano cabe destacar a altísima participación xa que so faltou un voto para igualar os rexistros do pasado ano que fora o récord absoluto, desta volta foron 648 votos.

En canto as curiosidades podemos indicar que na categoría de mellor comercio ata 50 empresas diferentes recibiron votos e na de mellor empresa 67.

Na categoría de mellor comercio o gañador desta edición foi Carnicería Moncho Boga, o establecemento que se localiza na praza de abastos de Boiro conta con 36 anos de traxectoria e segue fiel á filosofía do seu fundador, Ramón Laíño, e da súa esposa, Lourdes Blanco, acaban de aumentar espazo de venda e exposición para seguir ofrecendo o mellor servizo e calidade aos seus clientes.

Na categoría de mellor empresa o gañador foi A Terraza do Furancho, un local de restauración localizado no corazón de Boiro que ofrece un concepto gastronómico diferente, unha experiencia para os sentidos da man de dous emprendedores con ampla experiencia no sector.

Premio de honra

Está é unha categoría introducida o pasado. Un premio que decide a Xunta Directiva da asociación e que trata de poñer en valor a traxectoria dun empresario ou empresaria na que a súa xestión representara un exemplo para os emprendedores da localidade e que a empresa que lidera tivera xerado riqueza e emprego en Boiro.

Nesta edición o galardón recae en JOSÉ ESPAÑA SILVA, empresario do sector da construción que desarrolla a súa actividade na empresa Construcións España e Fernández.

A directiva argumentou os seguintes motivos para a elección deste gañador:

  • Pola súa ampla e contrastada traxectoria empresarial ao fronte dunha das empresas mais recoñecidas da localidade.
  • Pola súa contribución ao desenvolvemento económico do pobo.
  • Pola súa implantación no territorio e a colaboración con numerosas entidades e colectivos sociais, culturais e deportivos.
  • Pola súa contribución ao asociacionismo xa que foi un dos empresarios asinantes da acta fundacional da ABE e membro da primeira xunta directiva.

 

Gala de entrega de premios

A gala terá lugar o vindeiro venres 18 de novembro a partir das 20:30 hs na POUSADA DA GALIZA IMAXINARIA.

A presentación do acto recaerá na actriz, monologuista e presentadora PATRICIA VÁZQUEZ e a velada estará animada polo grupo musical STORMY TRUCKS.

A entrada é exclusivamente con invitación e contaremos con Photocall, musica, pinchos e sobre todo a presenza do tecido empresarial Boirense no que será a festa dos empresarios de Boiro.