Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

10 MOTIVOS A NOVA CAMPAÑA DE AFILIACIÓN DA ABE

  •  

Boiro, 12 de abril de 2023

Nos últimos meses a ABE ven de aumentar significativamente o seu numero de asociados, moitas empresa estanse asociando atraídas polo traballo que desenvolvemos e os servizos que prestamos.

Para informar as empresas que non nos coñecen utilizamos diferentes folletos e soportes que nos axudan a comunicar o que facemos.

Os dous mais usados é o de información de servizos e o das 10 razóns para asociarse, precisamente baseándonos neste último imolo a usar para lanzar unha campaña de mk dixital para que as persoas empresarias que aínda non están asociados nos coñezan.

A partir de hoxe cada semana lanzaremos nas redes e web unha das razón ata completar as 10 que conforman a campaña.

Outra novidade dentro do sistema de captación que imos implementar dende hoxe é a caixa de benvida, trátase dun orixinal soporte elaborado expresamente para cando unha nova empresa se da de alta e contén un pack de benvida composto por:

 

  • Pegatina identificativa para o negocio
  • Calendario laboral de Boiro
  • Guía con información para novos socios
  • Botella de auga de vidro
  • Taza
  • Bolsa de algodón orgánico
  • Bolígrafos
  • Block de notas ABE

 

O obxectivo é ter ordenada a documentación que entregamos aos novos socios e tamén potenciar a imaxe de marca da entidade xa que tentaremos deixar constancia da entrega para poder difundila en redes sociais.

En paralelo a campaña reforzarase coa comunicación interna, aínda que moitas das empresas socias levan tempo asociadas sempre está ben recordar o que podemos facer por eles, neste sentido temos un documento novo que imos a empezar a usar cando se da de alta un novo socio no que se explican varios dos servizos de maior demanda e que os socios va poder consultar ou descargar sempre dende a nosa web www.abe.gal

Actualmente a ABE conta con 198 empresas asociadas (Nos sempre contamos a representatividade por cada cota abonada e que se poida certificar bancariamente, aínda que realmente son moitos mais xa que hai empresarios que ou ben contan con varias empresas ou ben con unha que ten mais de un centro de traballo.)