Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

1000 € EN PREMIOS NA CAMPAÑA DE VOLTA AO COLE DA ABE

 

  • A campaña desenvolverase entre o 8 de setembro e o 8 de outubro.
  • Os importe total dos premios é de 1.000 € divídidos en 10 de 100€

 

Boiro 8 de setembro de 2023

 

Coa volta ao cole a ABE pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial que premia a fidelidade dos clientes dos negocios asociados baixo o lema de Nesta volta ao cole, Enchemos o teu peto!

A campaña vaise desenvolver entre o 8 de setembro e o 8 de outubro e sortearanse 1.000 € en Bonos ABE divididos en 10 premios de 100€

Obxectivos da campaña

Como indica o presidente Daniel García “ dende a ABE fixemos un esforzo por potenciar esta campaña sorteando 1.000€  en premios e os dividimos en 10 diferentes para que poidan chegar a mais clientes”

O presidente insistiu que esta campaña pretende axudar as familias que mercan nos establecementos asociados nunhas datas de moito gasto nas que precisan equipar aos nenos e nenas para a volta ao cole”

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal

O sorteo será o 9 de outubro e nas rúas da localidade locen xa os paneis informativos da campaña en sendos monolitos de 2,5 metros.

A CAMPAÑA ESTÁ COFINANCIADA POLA XUNTA DE GALICIA