Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

3.000 € E CENTOS DE AGASALLOS OS EIXOS DA CAMPAÑA DE NADAL DA ABE

 

  • Os clientes que merquen nos establecementos asociados participarán no sorteo de 3.000 €
  • Co mesmo rexistro acumularán puntos para cambiar por premios do catálogo da ABE
  • Están dispoñibles os BONOS ABE para usar como aguinaldo de empresa
  • Os socios da patronal reciben unha axenda como agasallo de nadal.

 

Boiro 30 novembro 2022

A ABE presentou hoxe a campaña de Nadal coa que pretende incentivar as compras na localidade nas próximas festas e ademais premiar a fidelidade dos clientes dos negocios asociados.

Sorteo de 3.000 €

A campaña comeza vai do venres 2 de decembro ata o 8 de xaneiro e a mecánica é moi sinxela; os clientes deberán rexistrar os seus tíckets ou facturas de compra na web www.abe.gal para participar no sorteo de 3.000 € en BONOS ABE que, como explicou o presidente , Daniel García “poderán utilizar en calquera das 200 empresas asociadas” así mesmo indicou que os 3.000 € “divídense en 1 premio de 1000 € e 10 de 200 € “

O sorteo dos premios terá lugar o luns 9 de xaneiro e a ABE contactará coas persoas premiadas xa que ao rexistrar os tíckets queda reflexado o teléfono e o mail dos participantes.

Catalogo de premios

Ademais do sorteo de 3.000 € os clientes que rexistren os seus tíckets ou facturas tamén acumularán puntos ABE para cambiar por agasallos do novo catálogo de premios da patronal de Boiro.

Como indicou o presidente “o catálogo de puntos estará vixente durante todo o ano pero no nadal convive coa campaña e os mesmos tíckets que se rexistran para o sorteo tamén acumulan puntos”

O funcionamento é moi sinxelo, o cliente despois de realizar unha compra en calquera socio da ABE (comercio, hostalería, servizos ...) ten a posibilidade de rexistrar os tickets na web www.abe.gal

Con ese rexistro acumula puntos que despois pode cambiar por agasallos do catálogo de premios. Con cada tícket rexistrado o cliente consegue o 10% en puntos, que se van acumulando na súa conta. Cando chega aos necesarios para conseguir un agasallo so ten que contactar coa ABE para recollelo.

  • O CLIENTE PODE REXISTRAR CALQUERA TICKET/FACTURA DE CALQUERA SOCIO DA ABE
  • CADA VEZ QUE O CLIENTE SUBE UN TICKET RECIBE UN MAIL CO SEU SALDO DE PUNTOS E COA PARTICIPACIÓN NO SORTEO DE NADAL.
  • O CATALOGO PODESE CONSULTAR SEMPRE EN ABE.GAL
  • PARA CANXEAR OS PUNTOS SO TEN QUE CONTACTAR COA ABE CO FORMULARIO QUE ESTÁ NO PROPIO CATÁLOGO.

 

Aguinaldo con Bonos ABE

Co comezo da campaña de Nadal tamén se pon en marcha a campaña dos BONOS ABE para utilizar como aguinaldo das empresas para os seus traballadores.

Con esta iniciativa a ABE pretende que mudar o hábito de regalar a típica cesta de produtos navideños e trocala ou complementala cos vales de compra para utilizar en calquera dos 200 socios da patronal de Boiro.

Con esta proposta todo son vantaxes:

  1. Evitas o problema de non saber que regalar.
  2. Aforras tempo en mercar o agasallo e evitar ter que cambialo.
  3. Tes mais de 200 empresas onde utilizalos e miles de produtos e servizos para todos os gustos. Roupa e calzado, electrodomésticos, restauración, coidado persoal, alimentación, gasolina, reformas; todo o que imaxines está ao teu alcance cos Bonos Regalo ABE
  1. Non caduca
  2. Elixes o importe que queres
  3. E sobre todo ¡Consumes en Boiro!

 

A ABE xa está recollendo pedidos das empresas, que son totalmente personalizados en canto a cantidade que quere para cada traballador e o obxectivo é superar os 8.000 € vendidos no pasado nadal.

Agasallo de Nadal para as empresas asociadas

Para finalizar a ABE xa está enviando as empresas asociadas o agasallo de nadal, unha axenda personalizada que contén 18 páxinas coa memoria de actividades do ano 2022 e que vai acompañada dun calendario laboral para Boiro e a felicitación da Nadal.

Publicidade nas rúas

 Para completar a campaña a ABE instará dous monolitos de 2,5 metros e catro caras cada un coa imaxe da campaña de nadal, o catálogo de puntos e os bonos ABE e deixará 1 coa campaña de apoio ao consumo local que vimos desenvolvendo dende o mes de outubro.