Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

Nun momento no que parece que vemos todo negro ou cando menos en tons grises, dende a ABE queremos trasladar unha mensaxe de esperanza baseada nas nosas últimas experiencias e nas campañas que veñen de rematar.

OS 4 MOTIVOS PARA ALEGRASE SON:

1- Na Campaña do Nadal que vimos de rematar repartíronse nada mais e nada menos que 80.000 rascas que dan unha proxección de volume de negocio de mais de 1 millón de euros, unha campaña á altura dos mellores anos.

A este dato sumarlle que entregamos mais de 3.000 premios directos, outros 3 premios nas campañas online e 3 mais para os mellores tempos en resolver o scape room dos escaparates da ABE.

E ollo, aínda este vindeiro luns temos o sorteo do #sueldazoabe 300 € durante 6 meses para un/unha agracidx.

2- Bonos regalo ABE . Sen duda unha das mellores ideas que tivemos nos últimos anos. Ata o día de hoxe vendemos bonos por valor de 675 €, un exitazo!

Son bonos que se venderon tanto para aguinaldos de empresa como a particulares que os deron como regalos e nadal.

Todo ese importe revirte integro nas empresas asociadas.

3- Subvencións. Na ABE somos especialistas en subvencións e este ano superamos o record de solicitudes presentadas (70), de subvencións aprobadas (65) e sobre todo de cartos conseguidos para os socios e socias da ABE, nada mais e nada menos que 245.000 € en axudas directas.

4- Socios e socias Outro record o de novas altas, este ano foron 30 os empresarixs que decidiron sumarse a gran familia da ABE, un incrible crecemento que nos reforza para seguir traballando aínda se cabe con mais ganas.

Son 4 motivos para mostrarnos esperanzados e demostras que a unión do sector empresarial Boirense pode acadar bos resultados ainda nas condicións mais adversas.

Dende a xunta directiva e xerencia da ABE queremos dar as gracias aos socios e socias e os clientes e veciños que nos apoian día a día.

#xuntoshABEmossairdesta