5ª EDICIÓN DO PECHA KUCHA BOIRO
PECHA KUCHA VOLUME 5
ECONOMÍA CREATIVA E CAMBIO
XOVES 14 ABRIL
20:30 HORAS
SALÓN DE ACTOS DA ABE
Pecha Kucha é unha actividade que xa cumpre cinco edicións en Boiro e que persegue poñer en valor a ECONOMÍA CREATIVA, a relación entre cultura e creatividade no desenvolvemento económico do noso entorno.
Noutras edicións falouse da industria cultural e creativa, de turismo cultural, de identidade cultural, e como esta lle da valor engadido a produtos como o viño albariño, a cerámica de Sargadelos ou as conservas delicatessen.
Nesta edición falaremos de como a creatividade nos axuda a afrontar os cambios aos que a crise e a evolución empresarial nos obrigan.
Nesta edición teremos duas tipoloxías de iniciativas empresariais:
- Na primeira coñeceremos exemplos de iniciativas na que os cambios nos formatos empresariais se asocian coa cultura colaborativa. Veremos exemplos de cooperativas e de coworking.
Neste apartado contaremos coa presenza de :
- LA DOCE_ espazo para a arte e coworking de empresas creativas, no que traballan 3 creadores; La Doce, Kiko Sabela tapicería e En Las Nubes.
- COOPERATIVA RÍA DE AROUSA_ exemplo clásico de economía colaborativa e de formato cooperativo. Actualmente a entidade traballa en diversos proxectos entre os cales destaca a comercialización de toda a produción a través da súa propia depuradora, empregando a eco etiqueta de pesca sostible do M.S.C.
- A segunda tipoloxia de iniciativas empresarias, serán casos nos que se observan cambios de sectores produtivos enteiros, como os que sufreu o sector téxtil en Galicia. Un exemplo que podemos obserbar en Boiro e comarca, é como mudou o sector textil, que pasou dun explendoroso pasado a unha crise que case o leva por diante, e a situación actúal, onde a explosión de talento creativo no mundo da moda, con multitude de exemplos, fainos ver un futuro prometedor.
Nesta segunda parte do programa contaremos:
- En primeiro lugar realizaremos a proxección do teaser do documental A FÁBRICA, producido polo concello de Boiro, e que dará paso a CHAS FOTOGRAFÍA que nos falará da súa colección sobre o patrimonio industrial galego abandoado, testemuña das reconversións industriais dos últimos anos.
- A continuación centrarémonos no mundo da moda coa presentación dunha das novas firmas Boirenses que triunfan en todo o mundo como é LA POUPÉ DE CHLOÉ . Esta firma realiza un proceso produtivo levado a cabo integramente en España, realizado coa máxima profesionalidade e preocupándose por coidar ata o mais mínimo detalle co obxectivo de satisfacer plenamente as crecentes esixencias do actual público, sendo estes os pilares sobre os que se asenta a cultura corporativa da empresa.