A ABE ÚNESE A CAMPAÑA A ÚNICA QUÍMICA POSIBLE IMPULSADA POLA ÁREA DE IGUALDADE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA
Boiro 23 decembro 2022
Nunha época coma o Nadal é importante concienciar e informar a cidadanía sobre o dereito a poder gozar dunhas festas libres de submisión química e de todo tipo de violencias, onde a igualdade, o consentimento e o desexo mutuo sexan a base de toda relación.
Por este motivo dende a ABE nos sumamos a campaña promovida pola área de igualdade da Deputación da Coruña e reivindicamos que a única química posible nas relacións: a que está baseada na igualdade, o consentimento e a atracción mutua, e, en definitiva, no desexo entre as partes implicadas.
A submisión química é a administración ou inxestión de alcol e/ou outras drogas que algunhas persoas empregan con fins delitivos.
Abusar dunha persoa que está baixo os efectos da submisión química é un delito, mirar e non impedilo tamén o é.
A submisión química pode darse de dúas formas:
- Oportunista: cando a persoa consome de forma voluntaria alcohol e/ou drogas.
- Premeditada: cando se lle administra á vítima unha sustancia para anular a súa vontade.
Nunha época coma o Nadal, chea de festas e saídas nocturnas, é máis importante que nunca fomentar as relacións en igualdade e ocupar os espazos de lecer desde unha óptica de seguridade e diversión para todas as persoas.
Dende a ABE somos conscientes do problema e queremos aportar o noso gran de area trasladándolle aos nosos socios e ao público en xeral esta información.
Esta iniciativa encádrase dentro das accións do plan da igualdade da asociación Boirense de empresarios que entre outras destacan; a utilización de linguaxe inclusiva en todas as comunicacións e publicacións, a colaboración con entidades que promoven a igualdade, a colaboración en actividades inclusivas e a participación na MESA DE COORDINACIÓN INSTITUCIONAL FRONTE A VIOLENCIA DE XÉNERO organizada polo concello de Boiro e que ven de publicar recentemente un primeiro avance das súas conclusións.
Se queres unirte a campaña tes toda a info no seguinte enlace
https://www.dacoruna.gal/servizos-sociais/area-igualdade/proxectos/campana-nadal-unica-quimica-posible
Teléfonos de interese:
- Teléfono atención a todas as formas de violencia contra as mulleres: 016
- Correo electrónico: 016-online@igualdad.gob.es
- WhatsApp: 600 000 016
- Teléfono de atención á muller 24h: 900 400 273
- Emerxencias: 112
- Emerxencias sanitarias: 061
- Seguridade:
- Policía Nacional - 091
- Policía Local - 092
- Garda Civil - 062