Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A patronal Boirense acaba de recibir a confirmación oficial por parte da subdirectora xeral de Autorización e Inspección de Servizos Sociais da Xunta de Galicia, Mercedes Cardelle Espasandín da inscrición da ABE no rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais (RUEPSS)

Como explica o xerente da entidade, Tomás Estévez “ o  RUEPSS ten por obxectivo fundamental elaborar e ter a disposición do público, un censo actualizado das entidades prestadoras de servizos sociais e dos centros e programas autorizados no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia”

Este rexistro, “configurase ademais, como un instrumento público básico para  o coñecemento, control, planificación, ordenación e publicación do Sistema Galego de Servizos Socias e está adscrito e xestionado pola consellería da Xunta de Galicia con competencias en materia de servicios sociais”

O presidente da ABE , Daniel García, amosouse orgulloso por “ ser a primeira Asociación de Empresarios da Provincia da Coruña que acada a inscrición neste rexistro e que a ABE sexa recoñecida como entidade prestadora de servizos sociais no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia”

García indica que entre as actividades valoradas pola Xunta para a inscrición destacaron a de “facilitar alternativas, recursos e itinerarios de integración social a aquelas persoas que se atopan en situación ou en risco de exclusión social difundindo e informando sobre as diversa liñas de axudas públicas dispoñibles, tanto de xeito presencial nas nosa oficinas como a través das nosas canles de información e redes sociais e ofertando nas nosas actividades formativas unha porcentaxe de prazas a estes colectivos”

“Tamén foi importante dar protección e oportunidades sociais e educativas a menores de idade e a aquelas outras persoas que se atopen en situación de conflito ou de desamparo colaborando cos centros de ensino na información e formación as crianzas sobre as posibles saídas laborais e profesionais que ofrece a localidade de Boiro dende o punto de vista do empresariado local

Entrando mais polo miúdo nas actividades que desenvolve a ABE destaca a de previr a aparición de calquera situación de dependencia, exclusión, desigualdade ou desprotección e proporcionar oportunidades e recursos que garanticen a igualdade entre mulleres e homes e posibiliten a conciliación entre a vida persoal, familiar e laboral.

Neste sentido, Estévez destaca que “ a ABE fomenta actuacións para acadar a igualdade salarial nas empresas e organizacións poñendo a disposición das mesmas documentos e ferramentas que poidan ser útiles neste sentido como por exemplo as promovidas polo “Instituto de las mujeres” do goberno de España e promovendo as liñas de axudas da Xunta de Galicia en canto a RSE que inclúen liñas específicas para conciliación e fomentando o uso da linguaxe inclusiva no entorno empresarial”

Finalmente e dende a perspectiva do centro comercial aberto “estamos organizando campañas de promoción comercial nas que se incentiva a presentación do carné de familia numerosa, por exemplo como a actual do día do pai na que os premios se duplican se os agraciados pertencen a esta categoría de familias”

 

Persoas destinatarias

No proxecto que desenvolve ABE en canto a inclusión social, o presidente explica “definíronse uns destinatarios acorde co ámbito empresarial e dentro dos colectivos que poden ser atendidos según marca a lei galega de asuntos sociais”

 Mulleres empresarias e traballadoras das empresas do noso ámbito de actuación.

  • Estudantes menores de idade dos colexios do noso ámbito de actuación.
  • Asociacións (e os seus usuarios) que teñan como actividade social promover os valores e obxectivos recollidos neste proxecto.
  • Desempregados en especial os pertencentes a colectivos de máis difícil inserción:
  • Persoas con discapacidade
  • Persoas pertencentes a minorías étnicas.
  • Persoas vítimas de violencia de xénero.
  • Maiores de 45 anos
  • En xeral os que poidan cumprir cos obxectivos indicados no artigo 3 en relación co artígo18 da lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia.