A ABE ven de asinar un convenio de colaboración con ASESORÍA ENERGETICA DE GALICIA 2020 SLU (GRUPO AE2000) polo que dende xa mesmo os socios e socias da ABE teñen prezos especiais para o seu consumo de enerxía eléctrica.
En virtude do convenio de colaboración, ASESORÍA ENERGETICA DE GALICIA 2020 SLU (GRUPO AE2000) convértese en colaborador da ABE, aportando á Asociación a súa experiencia e coñecemento das tendencias do sector da enerxía, a través dos seus produtos.
Entre os servizos que ASESORÍA ENERGETICA DE GALICIA 2020 SLU (GRUPO AE2000) ofrecerá xs socixs da ABE atópanse os seguintes:
- Control mensual de tódolos suminístros.
- Unha oferta conxunta a tódolos asociados de ABE, cun mínimo de tres provedores e presentando as mellores ofertas recibidas
- Control a cada asociado de ABE unha vez a CNMC cambie os peaxes de acceso previstos para o 2021.