A ABE acaba de bater hoxe o seu récord de solicitudes de axudas presentadas para os seus socixs nunha soa xornada, son en total 22 solicitudes de axudas ao abeiro de dous programas da Xunta de Galicia o Cheque de Dixitalización e o Bono Autónomo.
Esta circunstancia veu motivada pola coincidencia no tempo de dúas das liñas de axudas mais populares entre os autónomos; no caso do cheque vai dirixida a subvencionar proxectos que promovan a adaptación dos beneficiarios á situación creada pola COVID-19 mediante a implementación efectiva de tecnoloxías dixitais en diferentes categorías como :
Sistemas de control de presenza: cámaras, sensores, sistemas de check-in/check out. Sistemas de control de capacidade: cámaras, sensores, sistemas en liña sobre
catálogo diario (xestión de citas), xestión de colas. Sistemas de catálogos diarios efémeros; sistemas de xestión de pedidos efémeros, notas de pedimento. Sistemas de cartelaría electrónica para mensaxes a clientela e de emisión de contidos en xeral. Sistemas de notificación en móbil; sistemas de xestión de contidos electrónicos para hostalaría (menús, cartas …).
No caso do bono autónomo o obxecto é moito mais amplo abarcando a case calquera investimento que teña relación coa actividade da empresa.
Como indica o xerente da entidade, Tomás Estévez “a rapidez e flexibilidade á hora da solicitude resultan clave para maximizar as opcións dunha resolución favorable xa que ambas son en concurrencia non competitiva, e dicir, as axudas outórganse por orde de entrada”
Neste sentido a ABE comezou a tramitar os expedientes as 00:00 horas da madrugada do luns ao martes, momento no que se abre o prazo para que así os socixs tiveran moitas mas opcións de ser beneficiarios das axudas.
En canto o importe das solicitudes suman mais de 65.000 € cunha porcentaxe de axuda do 80% o que, de concretarse, repercutirían en 52.000 € para os socios e socias da entidade.
A ABE é unha das poucas asociación empresariais da comunidade que realiza o tramite integral de xestión de axudas públicas para os socios xa que a consecución de axudas para os socios e socias é un dos pilares estratéxicos dentro dos obxectivos da asociación.
Como indica o Xerente “realizamos todo o proceso dende a información, solicitude e a posterior xustificación. Trátase dun servizo integral moi valorado polo socixs xa que non é doado de atopar sen acudir a consultoras especializadas”
No que vai de ano xa se publicaron mais de 100 liñas de axudas públicas para pemes e autónomos e aínda está prevista a publicación de varias ordes entre as que destacan as axudas á contratación e do fomento do emprego autónomo que tamén se tramitan na ABE.
Como sempre dicimos na ABE somos #especialistasensubencións