A ABE CHEGA A MAIS DE 2000 CLIENTES CO SEU SISTEMA DE FIDELIZACION
- Trátase dun feito histórico para a patronal de Boiro e para os negocios asociados que a golpe de un so clic poderán conectar con mais de 2.000 clientes.
- Os clientes recibirán información anticipada das campañas, acceso prioritario a elas e sorteos e agasallos especiais exclusivos.
- Para estrear este novo sistema de comunicación cos clientes a ABE elixiu unha das súas campañas mais novidosas, o Puntazo de Outono
Boiro 3 de novembro de 2023
Hai uns días anunciábamos que contábamos con 2314 clientes rexistrados no sistema que están participando en sorteos e acumulando puntos para cambiar por agasallos do catálogo e tamén polos premios especiais do Puntazo como o do paraugas deste outono.
Agora a ABE da un paso mais na súa estratexia de fidelizar aos clientes dos negocios asociados xa que ven de crear unha base de datos con estes mais de 2.000 clientes á que de xeito regular lles vai remitir información das campañas e actividades que organiza. Trátase dun feito histórico para a patronal de Boiro e para os negocios asociados que a golpe de un so clic poderán conectar con mais de 2.000 clientes.
Se para a ABE e os seus socios é unha potente ferramenta de marketing para os clientes tamén será unha vantaxe xa que terán información anticipada das campañas, acceso prioritario a elas e sorteos e agasallos especiais para eles.
A única condición para recibir estas comunicacións é ter rexistrado algún tícket de compra na aplicación web da ABE, por ese feito xa se forma parte desa extensa base de datos
Primeira comunicación
Para estrear este novo sistema de comunicación cos clientes a ABE elixiu unha das súas campañas mais novidosas, o Puntazo de Outono no que por so 50 puntos os clientes poden conseguir un estupendo paraugas de 16 varas co lema de #SON BOIRO.
Valoración presidente
Como indica o presidente da ABE, Daniel García, “os resultados da posta en marcha deste sistema de fidelización son inmellorables e nos da a razón sobre a necesidade de implantar ferramentas de dixitalización en materia de promoción comercial xa que cada vez son mais os clientes que participan dos sorteos que propoñemos a través da nosa web“ tamén destacou que ” o feito de poder comunicarnos cos nosos clientes é un paso mais na estratexia de fidelizacion da entidade e nos vai permitir estar en contacto con eles aportándolles información en primicia e promocións especiais”