Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE COLABORA CO I CAMPIONATO BARISTA DE COLEXIOS DE EDUCACIÓN ESPECIAL

 

  • Un evento no que participan estudantes con discapacidade de varios centros galegos
  • O público pode seguir de maneira presencial mañá a partir das 11:00 no Pazo de Goiáns
  • A ABE aporta agasallos para todos os particpantes e premios para os gañadores.

 

Boiro 10 de maio de 2023

Mañá celébrase en Boiro un evento moi especial no que colabora a ABE, trátase do I Campionato Barista de colexios de educación especial.

Un evento no que participan estudantes con discapacidade que requiren apoios permanentes e intensivos na área da comunicación, do funcionamento adaptativo e da sua autonomía e independencia persoal.

En palabras do presidente da patronal Boirense, Daniel García “é un pracer colaborar nesta bonita iniciativa que o público pode seguir de maneira presencial mañá a partir das 11:00 no Pazo de Goiáns ou por stremaing”

A ABE aporta para este campionato unha bolsa con agasallos para cada un dos participantes e o premio para dúas das categorías consistente nuns auriculares inalámbricos bluetooth.

Ademais do campionato impartirase un taller de masas de pizza e outro de coctelería sen alcohol.

 

*O streaming pode seguirse na canle de cafés templo e na de Baristas de foz.

 

streaming neste enlace