A ABE COLABORA COA CAMPAÑA DE NADAL DE AGADEA ALZHEIRMER EN BOIRO
- O obxectivo é fomentar a sensibilización contra a doenza a través do comercio local
- Colocaranse 50 bolas decorativas nos comercios feitas a man polos usuarios
Boiro 1 de decembro de 2023
Na mañá de hoxe usuarios e técnicos da Asociación Galega de axuda aos enfermos de alzheimer achegáronse as oficinas da ABE para entregar 50 bolas decorativas elaboras a man polas persoas usuarias dos talleres de laborterapia que a entidade organiza na comarca. En Boiro o taller está en Abanqueiro onde contan con 10 usuarios.
O encargado de recibir ás usuarias foi o xerente da ABE, Tomás Estévez, en representación da entidade “ para a ABE é os seus negocios asociados é un pracer colaborar nesta iniciativa e poder contribuír a que a poboación coñeza o traballo de AGADEA na comarca.”
Así mesmo explicou que a campaña que lanza Agadea coa colaboración da ABE “pretende fomentar a sensibilización contra a doenza a través do comercio local xa que serán, no caso de Boiro, 50 os establecementos que coloquen o adorno nestas datas navideñas.”
As 50 bolas distribuiranse aos comercios xunto co material da campaña do nadal ata esgotar existencias e estarán colocados nos negocios o tempo que dure a campaña de nadal que comeza o vindeiro martes 5 de decembro.
Para finalizar dende a patronal de Boiro quixeron “ felicitar a asociación e ás persoas usuarias polo traballo, esforzo e cariño co que realizaron os adornos” e brindar o seu apoio e colaboración para futuras campañas.