Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE COLABORA COA SECRETARIA DE ESTADO DE DIXITALIZACIÓN E INTELIXENCIA ARTIFICIAL E COA COMISIÓN EUROPEA NO PROYECTO EUROPEAN DIGITAL SKILLS CERTIFICATE

 

  • O EDSC é unha iniciativa da Comisión Europea que busca impulsar e recoñecer as habilidades dixitais en toda Europa.
  • A participación da ABE neste piloto é o resultado do recoñecemento ao seu compromiso e experiencia no impulso da formación e o desarrollo de habilidades dixitales para la mellora empresarial.
  • Esta oportunidade xurdiu trala incorporación da patronal Boirense ao Pacto pola Xeneración D do que forma parte dende abril de 2023 e no que foi a primeira entidade empresarial de España en ser admitida.

 

Boiro 11 de xullo de 2023

 

A Asociación Boirense de Empresarios foi seleccionada pola Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial (SEDIA) e a Comisión Europea para representar a España no piloto do European Digital Skills Certificate (EDSC). O EDSC é unha iniciativa da Comisión Europea que busca impulsar e recoñecer as habilidades dixitais en toda Europa.

Un proxecto innovador que promoverá o desarrollo e a certificación das competencias dixitais no noso país.

A participación da ABE neste piloto é o resultado do recoñecemento ao seu compromiso e experiencia no impulso da formación e o desarrollo de habilidades dixitais para la mellora empresarial.

Esta oportunidade xurdiu trala incorporación da patronal Boirense ao Pacto pola Xeneración D do que forma parte dende abril de 2023 e no que foi a primeira entidade empresarial de España en ser admitida.

O proxecto

Actualmente son preto de 80 axentes os que participan neste proxecto piloto que ten como obxectivo final proporcionar un sistema de certificación en competencias dixitais a nivel europeo que permita as persoas indicar o seu nivel de destreza dixital e que sexa recoñecido en toda a Unión.

Para elo os axentes seleccionados están participando en diferentes talleres e debates online coordinados pola Subdirección General de Talento y Emprendimiento Digital de la Secretaría de Estado de Digitalización e Inteligencia Artificial que se estenderán durante todo este ano e que derivarán nunha proposta normativa.

Na xornada inaugural na que xa participou a ABE a través do seu xerente, Tomás Estévez, tamén interviron D. Salvador Estevan, Diretor Xeral de Dixitalización e IA, Dona María de Miguel subdirectora Xeral de talento e Emprendemento Dixital e Mr Koen Nomdem, Xefe do equipo de Transparencia e recoñecemento de cualificacións e competencias da Unión Europea.

Como explicou o Xerente da ABE, “para a ABE é un feito histórico que requiran a nosa colaboración nun programa da Unión Europea deste calado e que ten un obxectivo tan ambicioso como conseguir que o 80% das persoas da UE entre 16 e 74 años teñan alo menos competencias dixitais básicas antes de 2030”