A ABE COLABORA COA XUNTA NA DIFUSIÓN DO PROGRAMA FORMACIÓN DIXITAL
É un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital.
Está acreditado pola Xunta de Galicia, e 100% gratuíto, 100% online e 100% titorizado.
A ABE realizou nunha primeira fase unha labor informativa entre os seus asociados e na segunda fase realizará as mesmas funcións pero para todos os veciños de Boiro.
No caso das empresas asociadas ademais realizase á informacion e inscrición para a obtención da certificación ComDix.
Boiro 23 de xaneiro de 2025
A ABE estableceu hoxe unha nova canle de colaboración coa Xunta de Galicia para trasladar ás empresas asociadas os contidos do programa formación dixital da Xunta de Galicia que xa está en marcha e do que ademais dos socios da patronal de Boiro pode beneficiase toda a cidadanía.
Colaboración da ABE no proxecto
A ABE como entidade colaboradora do proxecto realizou nunha primeira fase unha labor informativa entre os seus asociados na que ademais de incluír a información personalizada realizase a inscrición no curso.
Nunha segunda fase que se iniciará a vindeira semana realizará as mesmas funcións pero para todos os veciños de Boiro que queiran cursar esta formación da Xunta.
Na páxina web da Asociación pode atoparse información detallada do programa e links de acceso á plataforma de formación para ampliar información, descargar material, inscribirse a curso ou mesmo entrar directamente na aula virtual.
No caso das empresas asociadas ademais realizase á informacion e inscrición para a obtención da certificación ComDix para a que é necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas pola Amtega.
Que é Formación Dixital?
É un programa formativo enfocado a proporcionar á cidadanía as competencias necesarias para desenvolverse plenamente no mundo dixital.
- Está acreditado pola Xunta de Galicia.
- É 100% gratuíto, 100% online e 100% titorizado.
- Está enfocado a toda a cidadanía.
Por que cursar Formación Dixital?
- Para mellorar o teu día a día e resolver situacións cotiás como os trámites coa Administración pública, crear e xestionar as túas redes sociais, coñecer as principais ferramentas de ciberseguridade, a posibilidade de ampliar o teu mercado laboral…
- Para obter un diploma acreditativo da formación realizada emitido pola Xunta de Galicia.
- Para conseguir a preparación necesaria para optar á obtención do ComDix (*). Estes cursos formativos non outorgan directamente a certificación ComDix. Para isto, é necesario presentarse ás probas de certificación específicas convocadas pola Amtega.
Itinerario formativo
- Curso de formación en competencias dixitais intermedias terá unha duración de 10 semanas nas que o alumnado poderá desenvolver o curso ao seu propio ritmo (sen horarios).
- A aprendizaxe será guiada. Realizaranse sesión grupais de acompañamento con especialistas para resolver dificultades e retos.
- temario desenvolverase dunha maneira atractiva mediante contidos formativos, actividades prácticas e material complementario.
- Para finalizar o curso, os participantes terán que aprobar de maneira obrigatoria o 80% das actividades avaliativas como demostración da adquisición de competencias.
Como me anoto?
Na web oficial do programa , premendo neste enlace podes facer a inscrición no curso.
Links de acceso directo
Información xeral do proxecto
Itinerario formativo
Inscrición
Campus virtual