Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

A ABE COLABORA COS PROGRAMAS INTEGRADOS DE EMPREGO DE BOIRO

 

  • Os programas integrados de emprego (PIE) son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral
  • A ABE colabora con dous destes programas que se executan dende Boiro
  • Dende os programas darán resposta ás necesidades de persoal achegando os perfiles das participantes

 

Boiro 20 de maio de 2022

 

Os programas integrados de emprego (PIE) son instrumentos dirixidos á mellora da ocupabilidade e á inserción laboral, durante un período de 12 meses, de 100 persoas demandantes en situación de desemprego no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia. 

A ABE colabora con dous destes programas que se executan dende Boiro,un polo propio concello e outro pola Asociación Amicos, en ambos casos os socios da entidade poden beneficiarse desta colaboración por medio de duas vias: acoller traballadores en prácticas dos cursos oficiais que se organizan ao abeiro dos plans ou ben solicitar das respectivas bases de datos de participantes traballadores para as súas empresas.

Os programas teñen o obxectivo de mellorar o nivel de empregabilidade das participantes a través de eixos como a realización de formación a orientación laboral ou as prácticas en empresas aos que poden acceder todos os socios da entidade ben contactando directamente cos pie ou ben a través das oficinas da ABE,

Dende os programas darán resposta ás necesidades de persoal achegando os perfiles das participantes para que sexan valoradas sen ningún tipo de compromiso en posibles vacantes.