A ABE DESENVOLVE A SUA PRIMEIRA CAMPAÑA AO ABEIRO DA ALIANZA GALEGA POLO CLIMA
- Sortearanse 4 bicicletas para promover os desprazamentos sen emisións dentro do casco urbano de Boiro.
- A campaña desenvolvese baixo o lema “Cando pedaleas, todo vai sobre rodas” e as bicis están rotuladas co logotipo da alianza.
- A Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia
Boiro 3 de xullo de 2023
O pasado mes de maio a ABE foi a primeira entidade empresarial de Galicia en adherirse a Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa impulsada polo goberno galego.
A Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia e neste ámbito enmarcase a última campaña de promoción comercial da patronal de Boiro que pretende prover o uso da bicicleta para os desprazamentos dentro do núcleo urbano de Boiro.
Para elo a entidade puxo en marcha un sorteo de 4 bicicletas, unha por cada quincena do verán, para participar, deben rexistrarse os tíckets de compra de calquera dos 200 negocios asociados e rexistralos na web da ABE, cada rexistro é unha participación para o sorteo.
O presidente da patronal, Daniel García explicou que “Como membros da alianza utilizamos de xeito habitual o seu logotipo na comunicación, como por exemplo na páxina web onde está en lugar destacado e no caso das bicicletas tamén están rotuladas coa imaxe corporativa da alianza galega polo clima coa finalidade de darlle visibilidade ao proxecto ademais de dotas as bicis dun elemento exclusivo”
Ademais a entidade Boirense elixiu como slogan da campaña “Cando pedaleas, todo vai sobre rodas” que tamén figura rotulado nas bicicletas.
Para darlle mais impulso a esta iniciativa o sorteo das bicis encadrouse dentro da campaña Quincenas fantásticas que na que se sortean ademais 3.000 € en bonos ABE para gastar nos negocios asociados.
Cómpre lembrar que a adhesión a esta Alianza supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia liña na que se enmarca esta campaña de promoción do uso da bicicleta.
Como indica o presidente da ABE “esta alianza reúne a organizacións que como a nosa, esteamos dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030 e con esta campaña queremos poñer o noso gran de area a prol da sostibilidade”