Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto
hosteleria segura

  O alcalde de Boiro, José Ramón Romero; o tenente de alcalde, Luís Ruiz; e o concelleiro de Comercio e Industria, Marcos Fajardo, reuníronse con representantes do sector hostaleiro do municipio para tratar as medidas nas que o goberno local está a traballar para facer fronte á situación derivada da Covid-19.

Na reunión estiveron presentes varios representantes do sector hostaleiro do municipio integrados na Asociación Boirense de Empresarios e tamén os axentes da Policía Local. Na xuntanza tratáronse as medidas que se recollen no Plan de hostalaría segura da Consellería de Sanidade para a apertura dos locais e o control das medidas de seguridade, como son o control da capacidade máxima permitida.

Na xuntanza acordouse presentar un escrito conxunto da ABE e o Concello de Boiro á Consellería de Sanidade para a revisión do punto sexto do Plan de hostalería segura relativo á colocación de mesas, para que se axuste mellor á capacidade máxima do local, deixando colocar maior número de mesas respectando sempre a capacidade máxima e a separación.

O goberno local presentoulle tamén aos representantes da hostalería as medias económicas nas que se está a traballar para promover a recuperación económica do municipio. O Concello está a traballar en dúas liñas de axuda, por un lado subvencións directas para os sectores máis afectados polas restricións e, por outro, un programa de bonos para potenciar o consumo no comercio local.

Na xuntanza os representantes dos hostaleiros tiveron oportunidade de formular as súas dúbidas en canto ás restricións e tamén de transmitirlle ao goberno local as necesidades e demandas do sector neste momento para seguir traballando en conxunto pola recuperación económica do municipio.

  •