Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

ABE E VOLVO MERENAUTO ASINAN UN ACORDO DE COLABORACIÓN

 

  • O presidente da ABE e o responsable do departamento de empresas de VOLVO MERENAUTO asinaron o acordo
  • Dende hoxe as empresas asociadas poden acollerse a el e acadar diversos descontos e servizos preferentes en automoción
  • Os socios da ABE teñen acceso a unha páxina privada con descontos exclusivos


Dende hoxe, luns 12 de xuño, as empresas asociadas á ABE xa poden acollerse a un novo convenio de colaboración, neste caso o asinado con VOLVO a través do concesionario oficial Merenauto.

Actualmente o mundo da automoción ofrécenos multitude de posibilidades tecnolóxicas, e a normativa non acaba de concretar que pasará nos vindeiros anos polo que buscar solucións á mobilidade nunha empresa xa non é tarefa fácil.

Para axudar aos socios da patronal neste eido asínase o presente convenio, e por parte de Merenauto, Jorge Naya, responsable do departamento de empresas da compañía, será a persoa coa que poidan contactar para informarse das condicións especiais que teñen como socios da ABE.

As vantaxes para os SOCIOS DA ABE son as seguintes:

  • Dispoñen dunha páxina web exclusiva na que poden consultar sempre que queiran os descontos dispoñibles tanto para compra como nos renting
  • Acceso preferente ao servizo de asesoramento do departamento de empresas formado por profesionais que buscarán a mellor solución as súas necesidades de mobilidade, tanto á hora de elixir modelo como fórmula de adquisición.
  • Descontos en compra e postvenda
  • Acceso a condicións preferentes en renting

Premando nesta imaxe ou na imaxe de volvo en sección convenios os socios da abe poden acceder á unha páxina web privada na que, para poder entrar, deberán indicar as claves que se lle facilitaron a través dos seus correos electrónicos.

Ao longo do ano iranse actualizando as ofertas e os servizos.

Para máis información sobre o convenio:

Jorge Naya – Departamento de empresas Volvo Merenauto

981 100 360 – 699 555 358

flotas@volvocarscoruna.com