A ABE ENTREGA 2.000€ E 2 BICIS DA SEGUNDA PARTE DA CAMPAÑA QUINCENAS FANTÁSTICAS
- Entregáronse 1.000 € en vales de compra e 2 bicicletas plegables correspondentes as 3ª e 4ª quincena.
- A persoa gañadora do premio especial realizou a súa compra en Drolim
- En total foron 6.346 rexistros, 2.456 mais que a edición do pasado ano e 3.877 mais que a de 2021
Boiro 11 de setembro de 2023
Na mañá de hoxe, na sede da patronal de Boiro, tivo lugar a entrega de premios da segunda parte da campaña de verán da patronal Boirense.
En total entregáronse 2.000 € en Bonos ABE repartidos en 2 x250, 2x150 e 2x 100 euros, 1 premio especial de 1.000€ e 2 bicicletas plegables ás persoas gañadoras dos sorteos da primeira e segunda quincenas do mes de xullo.
O presidente, Daniel García, foi o encargado de entregar os premios e quixo por unha parte “agradecer a alta participación dos clientes na campaña que se batiron todos os recods” e por outra “a confianza dos premiados no comercio de Boiro para facer as súas compras”. Así mesmo animou a “seguir participando nos próximos sorteos xa que temos en marcha a campaña de volta ao cole con 1.000 € mais en premios”
Os premios da 4ª quincena sorteáronse entre os 1.854 tíckets de compra rexistrados polos clientes dos negocios asociados entre o 16 e o 31 de agosto.
Os 1.854 rexistros supoñen un incremento de 769 sobre os rexistrados na mesma quincena do pasado ano e bateuse o récord absoluto de participación en 273 que ata o de agora o tiña a 2ª quincena de este ano con 1.581
Premios, premiados e comercios onde se realizou a compra.
PREMIO
|
PREMIADO
|
NEGOCIO ONDE MERCOU
|
250 €
|
VALERIA RUÍZ
|
HIPERMARKET HAOMAI
|
150 €
|
ELENA VIGO
|
MI FRUTERÍA
|
100 €
|
CARMEN VÁZQUEZ
|
PANADERÍA OURILLE
|
BICICLETA
|
JUSTO LOÑO
|
CAFE LITERARIO ÁGORA
|
250 €
|
ANA MARÍA ROMERO
|
LIBRERÍA EL CISNE
|
150 €
|
MATILDE CESPÓN
|
JULIETA BEBÉS
|
100 €
|
SILVANA LAIÑO
|
CAFETERÍA YORK
|
BICICLETA
|
MARÍA GARCÍA
|
ELECTROD. OTERO
|
Premio especial fin de campaña
Ademais dos premios da 4ª quincena tamén se entregou un premio final de 1.000€ para unha única persoa entre todos os tíckets rexistrados na campaña dende o 1 de xullo ao 31 de agosto, en total foron 6.346 tamén récord absoluto das 3 edicións que ata o de agora se celebraron.
Estes 6.346 rexistros son 2.456 mais que a edición do pasado ano e 3.877 mais que a de 2021 números que falan por si mesmo da altísima participación que tivo a campaña e da progresión que ten este sistema de campañas a través dos rexistros na web da ABE.
A persoa gañadora dos 1.000 € foi CONSUELO POMBO polo rexistro dunha compra realizada en Drolim o 24 de agosto.
Consuelo é un dos 2.165 usuarios activos que temos na web de fidelización da ABE, que ademais de participar en sorteos como este, acumulan puntos con cada compra para cambiar por agasallos do catálogo, Noraboa e gracias por mercar no comercio local de Boiro.
Para finalizar o presidente quixo agradecer “aos 2.165 clientes que rexistraron tíckets nesta campaña tanto a súa participación como os seu compromiso cos negocios locais de Boiro” e recordou que “os premios en Bonos ABE poden utilizarse sen caducidade en calquera dos 201 negocios asociados, aos que aproveitamos para agradecer e dar a noraboa pola súa colaboración e compromiso nas labores de información e difusión sa campaña que foron fundamentais para acadar estes espectaculares resultados”