Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A gañadora do premio final de 1.000 € da campaña NADAL FANTÁSTICO foi PAULA ALONSO GARCÍA que rexistrou un tícket de compra de LIBRERÍA EL CISNE.

Con esta último sorteo ponse punto e final a campaña do Nadal da ABE que por primeira vez na historia da asociación participaban todos os socios da patronal.

En canto a valoración do novo sistema de rexistros o presidente, Daniel García,  indicou que “ foi todo un éxito xa que nesta última semana rexistráronse 1.268 tíckets, o que supón un record absoluto de todas as campañas realizadas “

No que respecta aos números totais García comenta que “en toda a campaña foron rexistrados 3.833 tíckets ou facturas “

Os datos dos rexistros por cada sorteo foron os seguintes:

Sorteo 1 de 500 € _ 425

Sorteo 2 de 500 € _ 730

Sorteo 3 de 500 € _ 780

Sorteo 4 de 500 € _ 680

Sorteo final de 1.000 € _ 1.268

A vindeira semana terá lugar a entrega de premios que lamentablemente debido as restricións da Covid terá que ser o mais restrinxida posible. 

Todos os premios son en Bonos ABE, que se poderán utilizar, sen caducidade en calquera dos 190 socios da patronal Boirense

 

A ABE quere agradecer a implicación dos socios na campaña que foi fundamental para acadar este éxito de rexistros.