Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 Por primeira vez nos mais de 33 anos de historia da Asociación Boirense de Empresarios, puxo en marcha unha campaña na que participan os mais de 200 socixs.

 Hoxe, na sede da entidade, entregáronse os premios correspondentes á primeira quincena que en total suman 530€ en vales de compra e que foron os seguintes:

 Premio de 250 € - Nuria Costas – Compra realizada en Xoguetería Tatino

  • Premio de 150 € -Carmen Yolanda Estalote – Compra realizada en A Tenda de Pepa (Claudio Cabo da Cruz)
  • Premio de 100€ -Lidia Calo – Compra realizada en Tiendas Pillados
  • Premio de 30 € -Andrea Romero- Concurso realizado en RRSS

 As gañadoras recibiron o premio de mans do presidente da ABE e poderán utilizalo nos mais de 200 socixs da patronal Boirense.

 Destacar que neste primeiro cuarto da campaña rexistraronse 521 tíckets corresponden a 47 negocios diferentes.

 A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € ao remate de cada unha das 5 quincenas. (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)

 Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal

 Trátase dunha campaña sen precedentes xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo, perruqueiras, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións ... en definitiva calquera gasto realizado nun dos socixs da ABE.

 Sorteos cada quincena

 Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 19 de xullo XA REALIZADO

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 2 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

 

Premios

 

2000 € > 500€ cada quincena

 

1 premio de 250 €

1 premios de 150 €

1 premios de 100 €