Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

Hoxe, na sede da entidade, entregáronse os premios correspondentes á segunda quincena que en total suman 500€ en vales de compra e que foron os seguintes: 

  • Premio de 250 € - Juán José García – Compra realizada en Mercafruta
  • Premio de 150 € -Saray Boo – Compra realizada en Drolim
  • Premio de 100€ - Puri Ces – Compra realizada en Lisvaz

 

As gañadoras recibiron o premio de mans do presidente da ABE e poderán utilizalo nos mais de 200 socixs da patronal Boirense.

 Destacar que neste primeiro cuarto da campaña rexistraronse 670 tíckets corresponden a 52 negocios diferentes o que supón un incremento de mais de 150 tíckets respecto da primeira quincena

 A campaña denominada Quincenas Fantásticas segue en marcha ata o 31 de agosto e aínda se van sortear 500 € ao remate de cada unha das 5 quincenas. (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)

 Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal

 Trátase dunha campaña sen precedentes xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo, perruqueiras, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións ... en definitiva calquera gasto realizado nun dos socixs da ABE.

 Sorteos cada quincena

 Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 19 de xullo XA REALIZADO

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 2 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

 

Premios

 

2000 € > 500€ cada quincena

 

1 premio de 250 €

1 premios de 150 €

1 premios de 100 €