Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

A ABE ESTREA O SEU PROPIO CATÁLOGO DE PREMIOS

 

  • Os clientes que merquen nos establecementos asociados acumularán puntos para cambiar por premios.
  • O catálogo de premios está sempre actualizado na web da ABE
  • Con este proxecto a ABE completa o proxecto de fidelización de clientes iniciado con bonos ABE

Boiro 28 novembro 2022

A ABE está de estrea, despois de moito traballo xa conta cun sistema de fidelización propio, un sistema polo que os clientes dos establecementos asociados poden acumular puntos coas compras realizadas e cambialos por agasallos.

O funcionamento é moi sinxelo, o cliente despois de realizar unha compra en calquera socio da ABE (comercio, hostalería, servizos ...) ten a posibilidade de rexistrar os tickets na web www.abe.gal

Con ese rexistro acumula puntos que despois pode cambiar por agasallos do catálogo de premios. Con cada tícket rexistrado o cliente consegur o 10% en puntos, que se van acumulando na súa conta. Cando chega aos necesarios para conseguir un agasallo so ten que contactar coa ABE para recollelo.

Este sistema trata de recompensar aos clientes por mercar en Boiro e de fidelizalos a través da consecución de premios neste caso a través dos PUNTOS ABE.

Este novo proxecto porase en marcha co inicio da campaña do NADAL que arranca este próximo venres.

Tanto o rexistro dos tíckets como a consulta do catálogo de puntos faise dende a web da ABE (www.abe.gal) e funciona igual que o rexistro para as campañas que vimos facendo nos últimos anos.

Con este proxecto a ABE completa a oferta en fidelización para os clientes dos seus negocios asociados iniciado coa tarxeta agasallo (BONOS ABE) do que o ano pasado vendéronse mais de 8.000 € que repercutiron nos propios negocios.

 

RECORDA

  •  O CLIENTE PODE REXISTRAR CALQUERA TICKET/FACTURA DE CALQUERA SOCIO DA ABE
  • CADA VEZ QUE O CLIENTE SUBE UN TICKET RECIBE UN MAIL CO SEU SALDO DE PUNTOS.
  • O CATALOGO PODESE CONSULTAR SEMPRE EN ABE.GAL
  • PARA CANXEAR OS PUNTOS SO TEN QUE CONTACTAR COA ABE CO FORMULARIO QUE ESTÁ NO PROPIO CATÁLOGO.