A ABE IMPARTE FORMACIÓN EN XESTIÓN DE PERSOAS
- Cintia Salido, coach profesional, deu a coñecer as pautas para aprender a liderar
- Está acción formativa incluese no plan de formación ABE 2022
Boiro 5 de maio de 2022
Onte impartiuse na ABE unha formación orientada as persoas empresarias sobre coaching e xestión de persoas, impartida por Cintia Salido, coach profesional, na que deu a coñecer as pautas para aprender a liderar e a organizar un equipo de traballo de forma eficiente.
Cintia destacou ASPECTOS RELEVANTES para que unha organización funcione de forma positiva e consecuentemente orixine un bo funcionamento da empresa
Conceptos como a ESCOITA ACTIVA e EMPATÍA son fundamentais á hora de xestionar ben un equipo.
Para poder facer uso de estes conceptos debemos antes de nada saber VALIDAR as nosas propias EMOCIÓNS.
@s asistentes puideron formar grupos simulando un equipo de traballo aportando diferentes puntos de vista sobre varias cuestións e resolver de forma correcta as súas diferencias.
Está acción formativa incluese no plan de formación ABE 2022 que continuará nas vindeiras semanas con outra formación específica que impartirá o diretor da escola de negocios Galicia Bussines School no marco dun ciclo de XORNADAS INSPIRADORAS PARA POTENCIAR OS NEGOCIOS NO RURAL