Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE LANZA A UNHA NOVA EDICIÓN DA CAMPAÑA #REGALABOIRO

  •  Os Bonos regalo están disponibles durante todo o ano para mercar e agasallar a quen queiras
  • A campaña #regalaboiro pretende que as empresas os utilicen para o aguinaldo de nadal para seus traballadores e traballadoras
  • No que vai de ano vendéronse Bonos por importe de 8.815€ que repercutiron nos negocios asociados
  • Hoxe estrenamos o anuncio da campaña deste ano

 

A ABE ten durante todo ano os  BONO REGALO ABE  a disposición dos clientes de Boiro para que poidan utilizalos para agasallar a quen queiran e cando queiran. (Nadal, cumpleanos, días especiais ou calquera outra ocasión) no que vai de 2022 venderonse 8.815 € en Bonos que repercutiron nos establecementos asociados.

Agora, de cara ao Nadal, poñemos en marcha unha campaña publicitaria denominada #RegalaBoiro pola que ofrecemos ás empresas que utilicen os BONOS REGALO ABE para o tradicional aguinaldo de nadal que ofrecen aos  empregadXs.

O anuncio da campaña xa está disponible para visualizar nas plataformas youtube e vimeo así como nas redes sociais da ABE; facebook, instagram e linkedin, para velo so tes que premer nos enlaces ou buscar  #regalaboiro

Neste intre, fruto do traballo realizado, xa contamos con varias empresas que van a utilizar os nosos bonos para regalar aos seus traballadores (ou para complementar as tradicionais cestas de nadal).

Os bonos son a mellor solución para agasallar xa que :

  1. Están adaptados aos gustos e necesidades de cada persoa xa que pódense utilizar en calquera dos preto de 200 socios e socias da ABE.
  2. O seu consumo é local, repercute nas propias empresas do pobo, nos nosos veciños e veciñas
  3. Amosamos unha imaxe de unidade do tecido empresarial de Boiro e aportan a ABE unha presencia moderna e adaptada aos novos tempos.
  4. Eliminan o problema de “non sei que regalar” ou o de “gustaralle?”
  5. Pero sobre todo … estás regalando BOIRO!

 

Os bonos xa están dispoñibles na ABE, pódense facer reservas por teléfono, mail, web ou redes sociais e recóllense en formato físico na ABE nesta chulísima Caixa personalizada.

Como funcionan?

  • Os bonos son unha Caixa personalizada que dentro inclúe vales de compra de 5€ e un listado de todos os socios da ABE onde se poden gastar. Na caixa tamén vai un codigo QR co que se pode descargar ou consultar o listado no mobil, tablet ou pc.
  • O cliente/empresa pode elixir de que cantidade merca o bono, sempre en múltiplos de 5 €
  • As empresas tamén poden adquirir os bonos sen a Caixa para complementar a súa cesta de Nadal ou mesmo podemos ofrecervos a posibilidade de personalizar a caixa coa imaxe corporativa da empresa (esto tería custe )
  • Cando se recibe o regalo solo hai que utilizar os vales como se foran billetes en calquera dos preto de 200 socios e socias que xa veñen indicados no listado da caixa. Loxicamente non se poden facer devolucións de efectivo e os vales non teñen caducidade.
  • A empresa receptora do vale so ten que pasarse pola ABE para cobralo en efectivo ou se prefire indicarnos a súa cc para facerlle unha transferencia.