Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

A ABE LANZA UN VIDEO PROMOCIONAL DA CAMPAÑA EU#CONSUMOLOCAL, EU#SONBOIRO

 

  • A nova campaña da ABE xa estaba nas rúas de Boiro e agora comeza a parte online
  • Os protagonistas son 8 persoas socias da entidade
  • En setembro terá continuidade dende a perspectiva do consumidor

Boiro 13 de maio de 2022

Despois do éxito da parte física da campaña Euconsumolocal, Eusonboiro na que os socios e socias da patronal Boirense son xs protagonistas por estar presentes na vida diaria dos veciñx de Boiro a través de 50 pancartas, 2 monolitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro, hoxe comeza a parte online da mesma coa publicación do anuncio da campaña.

Este anuncio xa está dispoñible na canle de youtube da ABE e nas redes sociais da asociación e tamén está protagonizado polos mesmos 8 socixs que desta volta nos contan coas súas verbas as 8 razóns para consumir local.

Como explica o presidente “ cada semana faremos unha  publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e hoxe lanzamos un vídeo que será o punto forte da parte máis dixital da campaña e que xa podedes ver en calquera das redes sociais da ABE (@boiroaberto)”

Segunda parte da campaña

Esta campaña é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade no mes de setembro co lanzamento dunha segunda parte da campaña esta vez protagonizada polos clientes, serán eles quen nos dean o seu punto de vista sobre o comercio local e as súas motivacións para mercar en Boiro.

Mira aquí o anuncio da campaña

A campaña está cofinanciada pola Xunta de Galicia