Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://twitter.com/empresasboirohttps://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

EU#CONSUMOLOCAL, EU#SONBOIRO

  • A nova campaña da ABE xa está nas rúas de Boiro
  • Os protagonistas son 8 persoas socias da entidade
  • Conta cunha parte física e outra online
  • En setembro terá continuidade dende a perspectiva do consumidor

Boiro 22 de abril de 2022

A patronal de Boiro lanza unha nova campaña de promoción empresarial na que os socios e socias da patronal Boirense son os protagonistas.

 Dende hoxe e durante dous meses os rostros de oito socixs que representan ao colectivo van a estar moi presentes na vida diaria dos veciñx de Boiro xa que coa primeira parte desta campaña serán 50 pancartas, 2 monolitos de 2,5 metros e 1 mupi colocados polas rúas de Boiro nos recordarán cales son os beneficios de consumir no pobo.

 En palabras do presidente da ABE, Daniel García, “A campaña denominada EU #consumolocal , EU #sonboiro ten como obxectivo concienciar á cidadanía dos beneficios de mercar en Boiro”

 

Os protagonistas e as frases

  1. Porque somos profesionais e ofrecemos asesoramento especializado.

BEGOÑA , SOCIA ABE, SECTOR COMERCIO

  1. Porque cos negocios abertos Boiro é seguro, luminoso e ten máis vida.

JUÁN JOSÉ, SOCIO ABE, SECTOR HOSTALERÍA

  1. Porque os nosos produtos frescos e de tempada son sinónimo de calidade.

CARLOS, SOCIO ABE, PRAZA DE ABASTOS

  1. Porque nos axudas a xerar emprego e nos das a posibilidade de que poidamos vivir e traballar no pobo.

OSCAR , SOCIO ABE, SECTOR TRANSPORTE

  1. Porque colaboramos coas actividades deportivas, sociais e culturais do pobo.

TAMARA, SOCIA ABE, SECTOR SERVIZOS

  1. Porque favoreces a compra racional, axudas a manter unha economía sostible e coidas o medio ambiente.

NURIA, SOCIA ABE, SECTOR CONSTRUCIÓN

  1. Porque aforras tempo e podes dedicarllo aos que máis queres.

ROSA, SOCIA ABE, SECTOR HOSTALERÍA

  1. Porque contamos con artigos especializados que aportan exclusividade

SILVIA, SOCIA ABE, SECTOR COMERCIO

 

Parte online

 García explicou que “ En paralelo á parte física existe unha parte online na que cada semana farase unha  publicación en redes e web coas fotografías dos protagonistas e no mes de maio lanzarase un vídeo protagonizado por estes mesmos oito socixs que será o punto forte da parte máis dixital da campaña”

Segunda parte da campaña

 Esta campaña é a primeira parte dun proxecto máis amplo que terá continuidade no mes de setembro co lanzamento dunha segunda parte da campaña esta vez protagonizada polos clientes, serán eles quen nos dean o seu punto de vista sobre o comercio local e as súas motivacións para mercar en Boiro.

 Á presentación realizada hoxe asistiron ademais do predidente da ABE, o vicepresidente da entidade, Javier Caamaño, o Alcalde de Boiro, José Ramón Romero e o concelleiro de Comercio, Marcos Fajardo que reiteraron o apoio do concello á ABE en materia de promoción comercial e ofreceron de novo máxima colaboración para as actividades desarrolladas polo colectivo.