Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE PARTICIPA NA DEFINICIÓN E EXECUCIÓN DO PROXECTO SUBVENCIONADO POLO MINISTERIO DE INDUSTRIA PARA APOIAR AS ZONAS COMERCIAS

 

  • A inversión total do proxecto ronda os 300.000 €
  • As actuacións foron ideadas e definidas pola ABE excepto a reforma do mercado municipal
  • Desenvolveranse mais de 15 actuacións relacionadas coa promoción do comercio durante este ano.

Boiro 20 de abril de 2022

O Concello de Boiro vén de ser beneficiario dunha subvención do Ministerio de Industria, Comercio y Turismo financiada mediante fondos Next Generation da Unión Europea na que a ABE foi a encargada de definir o proxecto, perfilar os contidos e redactar a memoria que finalmente acadou unha axuda de mais de 200.000 € para realizar actividades de promoción comercial na nosa localidade.

A inversión total do proxecto serán de preto de 300.000 € para executar, durante este ano 2022, un completo programa de actuacións divididas en diferentes liñas que abarcan dende proxectos de transformación dixital, coa posta a disposición de servizos de posicionamento SEO para comercios con páxina web de venta ata a posta en marcha de bonos de transporte para usar en realizar envíos a domicilio de compras no comercio local.

Puxemos especial atención na mellora e transformación dos espazos de compras nos que se instalarán puntos de descanso con wifi e carga de móbiles e puntos de recarga de vehículos eléctricos nos aparcamentos mais céntricos.

Ademais de todos estes proxectos realizaranse actuacións dirixidas a promoción das ventas como a decoración de rúas ou animación comercial e de formación coa posta en marcha dun mini master  que terá lugar nas aulas de formación da ABE.

O proxecto tamén inclúe unha aposta decidida polo coidado do medio ambiente e da economía circular contemplando dende o reparto de bolsas para o comercio, envases orgánicos para os envíos de comida da hostalería e incluso a instalación dunha novidosa maquina de reverse vending.

Todas estas actuacións, excepto a do mercado municipal, foron deseñadas pola ABE, neste intre estamos coordinando xunto co Concello a sus posta en marcha, a maioría están moi avanzadas e nas vindeiras semanas darase conta delas a medida que se concreten.

Dende a ABE queremos agradecer a confianza depositada polo Concello de Boiro na nosa entidade para a definición e execución deste importante proxecto que redundará na mellora do sector comercial da localidade, sen dúbida un dos mais danados pola Covid19 e a actual crise mundial.