A  iniciativa COMPRA DO NOSO nace  en plena crise económica causada polo COVID-19 para fomentar o consumo de produtos e servizos galegos co fin de apoiar a reactivación da nosa economía e potenciar o emprego; en definitiva de apostar polo NOSO e facer país.

A iniciativa iniciouse co apoio de 22 entidades empresariais ( confederacións de empresarios galegas, clústeres, cámaras e asociacións) as que hoxe se suma a Asociación Boirense de Empresarios e o seu centro comercial aberto galardoado por dúas veces nos premios nacionais de comercio.

Por qué nace “COMPRA DO NOSO”? 

“A pandemia que nos últimos meses asolagou á nosa sociedade, levándose miles de vidas dos nosos concidadáns, ameaza agora con levarse por diante a unha parte da nosa economía baseada nas pequenas e medianas empresas que sustentan o emprego do noso país. 

Baixo o lema “COMPRA DO NOSO” queremos comezar un camiño no que toda a sociedade sexa capaz de camiñar xunta cara a este obxectivo común de salvar o noso tecido industrial e comercial.

Queremos que sexa unha marca patrimonio da sociedade galega e, especialmente, de todas as organización empresariais e cidadás, das empresas e dos particulares, estendéndoa especialmente ás institucións que nos representan, desde os concellos ata a propia Xunta de Galicia”.

ESFORZO COMÚN- Usa e difunde “COMPRA DO NOSO”

“… facemos un chamamento para camiñar todos xuntos baixo este mesmo paraugas, que, como aparello propio do noso país, nos resgarde desta particular cicloxénese”.

A ABE  vai facer súa esta marca, e a súa filosofía usándoa en todas as comunicacións externas e internas. Tamén a poremos a disposicion dos 200 asociados da entidade para que a poidan usar no seu día a día e actuaremos como prescriptores da mesma invitando a outras entidades coas que colaboramos a que se usen a marca de maneira TOTALMENTE GRATUITA. POÑAMOS EN VALOR O NOSO!

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar