A ABE PARTICIPA NA MANIFESTACIÓN DE INTERESE PARA A CONSOLIDACIÓN E DINAMIZACIÓN DA REDE DE VIVEIROS INDUSTRIAIS DE GALICIA
- A través desta estratexia preténdese potenciar e dinamizar a rede, fortalecendo e mellorando os viveiros
- A MdI enviada pola ABE vai encadrada no obxectivo de identificación e proposta de medidas que se deberían implantar para consolidar e dinamizar os viveiros industriais existentes.
- Trata sobre o desarrollo dun programa de impulso a economía local dende os Viveiros en colaboración coas entidades empresariais
Boiro 10 de agosto de 2023
A Consellería de Economía, Industria e Innovación da Xunta de Galicia puxo en marcha unha convocatoria de Manifestación de Interese (MdI) co obxectivo de establecer unha estratexia de apoio á consolidación e dinamización da Rede de viveiros industriais de Galicia.
A través desta estratexia preténdese potenciar e dinamizar a rede, fortalecendo e mellorando non só os viveiros de titularidade municipal, senón tamén incorporando aquelas iniciativas privadas ou públicas que poidan ter a consideración de viveiro industrial.
O obxectivo desta MdI, dirixida tanto ás entidades da administración local como a empresas, agrupacións industriais empresariais, asociacións sen ánimo de lucro e entidades públicas, é que calquera axente interesado puidera achegar suxestións de mellora, así como consultar ao mercado en relación con aqueles proxectos similares susceptibles de ser apoiados e integrarse na rede.
Unha das liñas de traballo da ABE nos últimos anos é a de potenciar o uso do viveiro desenvolvendo nel diferentes iniciativas como por exemplo Lab Barbanza un proxecto de incubación de proxectos empresariais que pretende atraer emprendedores a nosa localidade.
A MdI enviada pola ABE a consellería vai encadrada no primeiro obxectivo que se marca neste programa que é a identificación e proposta de medidas que se deberían implantar para consolidar e dinamizar os viveiros industriais existentes, no nosa caso o de Boiro que é un dos 17 xa construídos que pertencen a rede da Xunta.
A mostra de interese trata sobre o desarrollo dun programa de impulso a economía local dende os Viveiros en colaboración coas entidades empresariais mais representativas do territorio con 3 obxectivos principais:
- Impulsar a economía local abrindo os viveiros ao empresariado da localidade realizando programas de promoción económica en común.
- Dinamizar tanto os viveiros como o tecido empresarial local.
- Coordinar iniciativas existentes e potenciar novas accións.
A memoria detallada xa foi enviada á Xunta que a analizará, xunto coas presentadas polo resto de axentes, de cara a deseñar os instrumentos de apoio necesarios para a súa posta en marcha.
https://economia.xunta.gal/viveiros-industriais
|