Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.
Saber máis
-
Aceptar
.
© Asociación Boirense de Empresas. T:
981 847 888
Inicio
▶
ABE
Sobre nós
Servizos
Asóciate
Socios
Bonos ABE
▶
Puntos ABE
Suma puntos ABE
Catálogo de premios
Cambia os teus puntos
Novas
Contacto
A ABE PARTICIPA NA QUEDADA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE XESTORES CULTURAIS
Este xoves 9 tivo lugar a segunda quedada organizada pola Asociación Galega de Xestores culturias na que visitaron diferentes localizacións da comarca para ver de primeira man os proxectos culturais que aqui se organizan.
Visitaron o Museo das Artes do Gravado de Riveira da man de Pastor Rodríguez, o seu director. Fondos abraiantes para un museo de referencia no seu ámbito en Europa e que conta cunha colección espléndida. Como despedida do museo, a biblioteca, un espazo fundamental para a arte do gravado.
A segunda parada foi en
Boiro
con visita ao Pazo de Goiáns e presentación de proxectos; na mesa redonda participaron, Susana Diz que falou de Olloboi (festival de cine escolar referente en Galicia), Eva Triñanes de Mar de Cabo e o xerente da ABE, Tomás Estévez que explicou como xurdiu o Pecha Kucha Boiro e a relación que teñen as empresas boirenses coa cultura. Deu a benvida a concelleira María Outeiral, que participou da visita e da conversa.
Despois de xantar, última visita en Noia. ao coliseo Noela para coñecer as "tripas" da
Mostra Curtas Noia
co seu director e técnico Juan Ramón Vidal.
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el
botón recargar
para intentarlo de nuevo.
Recargar