Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 

A ABE PARTICIPA NUNHA REUNIÓN TÉCNICA COA CONSELLEIRA DE ECONOMÍA E O DIRECTOR XERAL DE COMERCIO

 

  • O encontro foi dirixido polo Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia e asistiu á Conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana
  • A ABE participou representada polo seu xerente, Tomás Estévez.
  • A xuntanza serviu para coñecer as liñas de axudas para o sector, propoñer melloras e poñer en valor as cifras actuais do sector do pequeno comercio en Galicia

 

Boiro 25 de xaneiro

 

No día de onte tivo lugar no Salón 2 dos edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela unha reunión de traballo convocada pola Direccion Xeral de comercio na que participou a ABE representada polo seu xerente, Tomás Estévez.

A reunión de carácter técnico foi dirixida polo Director Xeral de Comercio, Manuel Heredia e tamén asistiu á Conselleira de Economía, Industria e Innovación, María Jesús Lorenzana que acompañou aos 51 xerentes dos centros comerciais abertos que actualmente están activos en Galicia.

Nela coñecéronse as liñas de axuda para o sector que se van a publicar durante este ano 2024 vinculadas ao plan estratéxico para o sector da Xunta de Galicia e confirmouse que ademais de manterse as publicadas no pasado ano introdúcense novas inversións subvencionables como o de reformas dos establecementos comerciais.

No referente as axudas para as entidades, a reunión serviu para matizar diferentes aspectos e posibles melloras de cara a orde de este ano que como comenta o Xerente da ABE, Tomás Estévez “inciden en 3 aspectos principais; a dixitalización, a promoción comercial e a fidelización de clientes, aspecto este último no que a ABE está na vangarda do país cun sistema propio que conta actualmente con 2.696 usuarios activos e 34.428 compras rexistradas

A xuntanza tamén serviu para poñer en valor as cifras actuais do sector do pequeno comercio en Galicia que como apuntou o xerente da ABE “actualmente segundo os datos do Ine en Galicia contamos con preto de 40.000 comercios o que supón o 22% de todas as empresas da comunidade”

Esta reunión de traballo serviu para mellorar a coordinación entre a administración e as asociacións que son as encargadas finais de informar e asesorar aos negocios sobres as axudas vixentes. No caso da ABE aínda vai mais aló xa que como indica o seu Xerente “ somos unha das poucas asociacións do país que realiza a xestión integral dos expedientes de axudas dende a información inicial ata a solicitude e xustificación e este coñecemento dos procedementos é o que a xunta valora neste tipo de xuntanzas para introducir melloras nas ordes como a de subvencionar reformas nos comercios”

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar