Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

A ABE na súa aposta pola dixitalización e modernización estrea unha nova aplicación web para realizar sorteos e concursos de xeito totalmente dixital

A ferramenta, que está aloxada na paxina web da asociación, www.abe.gal  permite que os clientes rexistren os tikets de compra dos establecementos asociados e poidan participar en sorteos organizados pola ABE.

 

Como funciona?

A mecánica é moi sinxela xa que os clientes que queiran participar nos sorteos so teñen que seguir 3 pasos:

  1. Facer unha foto do tiket de compra
  2. Entrar en abe.gal e subir a foto do tiket
  3. Indicar no formulario o seu nome, teléfono e comercio no que mercou

 

Se o usuario aportou o seu email no formulario, recibirá unha copia da súa solicitude de participación, acompañada da referencia única asignada polo sistema.

A efectos da ABE e para controlar todo o proceso contamos cun servidor que recibe os datos do formulario, valida, asigna unha referencia única e rexistra a solicitude de participación.

Con isto podemos revisar que os tikets  pertenzan a empresas asociadas e que non se repitan.

Ao final da campaña como cada tiket ten un código único so temos que realizar o sorteo dos premios entre eles e poñernos en contacto cos premiados por teléfono.

Vantaxes

  1. Mellora da imaxe da asociación e aposta polas novas tecnoloxías
  2. Nos vai permitir facer moitos mais sorteos e mais baratos xa que non precisamos rifas
  3. Contribuímos a mellorar o medio ambiente ao non utilizar papeis nin tintas.
  4. Podemos facer sorteos en días puntuais con todos os tikets dese día
  5. Podemos facer campañas específicas para determinados grupos de socios; por exemplo os que participen na Noite Aberta, ou unha campaña especial para a hostalería ou un sector determinado que nese momento teñamos necesidade de promocionar.
  6. Tamén nos permite que os clientes de empresas con tiket moi baixo ou empresas que teñen moito apuro de traballo puntual como poden ser as cafeterías poidan participar nas campañas sen ter que darlles unha rifa aos clientes.
  7. Incluso nos da a posibilidade de que fagamos campañas nas que participen o 100% dos socios da ABE xa que podemos permitir que se participe con facturas de compra para empresas que non usan tiket como as clínicas dentais, empresas de instalacións ou reparacións, seguros.