Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 

 

A ABE PRESENTA A SUA CANDIDATURA AOS PREMIOS DO COMERCIO GALEGO

 

A patronal Boirense presentou a campaña de dinamización comercial “Bonos ABE moito mais que unha moeda “

 Participará na categoría de Premio Comercio Dinamización na que competirá con asociacións e federacións de toda a comunidade.

 

 

Boiro 29 de outubro de 2024

 

A ABE ven de presentar a súa candidatura a edición de 2024 dos premios do comercio galego na categoría de Premio Comercio Dinamización na que competirán con asociación e federacións de toda a comunidade. 

O obxectivo destes galardóns que outorga a Consellería de Emprego, Comercio e Emigración é recoñecer o labor dos profesionais do sector comercial e contribuír á súa difusión como panca para o desenvolvemento económico e social das vilas e cidades galegas.

A ABE presentou o proxecto de dinamización comercial BONOS ABE MOITO MAIS QUE UNHA MOEDA, no que se poñe en valor os diferentes usos desta moeda de uso interno que pode utilizarse como tarxeta agasallo, aguinaldo de nadal, como premios de campañas e do sistema de fidelización, ademais de ser medio habitual de intercambio en accións de labor social e colaboración con outras entidades.

A convocatoria enmárcase na aposta da Xunta por un sector comercial forte, moderno e competitivo capaz de adaptarse ás novas tendencias e ás demandas das persoas consumidoras dada a súa importancia como xerador de riqueza e emprego, así como vertebrador do territorio.  

Para avanzar neste obxectivo, cómpre engadir que se está a elaborar o Plan estratéxico do comercio de Galicia 2025-2030 da man dos axentes implicados, no que tamén participa a ABE que estivo presente na xuntanza sectorial da provincia da Coruña.

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar