Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE PRESENTA A SUA PROPIA CAMPAÑA DE BONOS AO CONSUMO

 

  • Poranse a venda 200 caixas con valor de 50€ que ao cliente so lle custan 40€
  • Poderanse mercar dende o 1 de marzo na sede da ABE
  • Os clientes deben utilizar os bonos #negocios10 antes do 15 de abril
  • Hai 200 negocios de todo tipo onde se poden utilizar

Boiro 22 de febreiro de 2023

 

A ABE pon en marcha unha nova campaña de promoción comercial, neste caso pretende incentivar as ventas nos negocios asociados con BONOS de xeito similar ao Bonos Activa Comercio da Xunta.

Para elo porá a venta 200 caixas de bonos #negocios10 que teñen un valor de 50 € pero que ao cliente so lle costan 40€, levan 10 € de regalo como aliciente para que as utilicen nos establecementos asociados.

As 200 caixas poranse á venta o 1 de marzo as 9:00 horas da mañá nas oficinas da ABE ata esgotar existencias.

Soamente se pode mercar 1 caixa por persoa, presencialmente e en efectivo.

O presidente da ABE, Daniel García explicou que “Os bonos #negocios10 son unha caixa que contén 10 vales de compra de 5€ que son válidos para gastar en calquera das 200 empresas asociadas a ABE entre o 1 de marzo e o 15 de abril”

A caixa tamén contén un listado con todos nos negocios onde se pode utilizar dende roupa, calzado, alimentación, electrodomésticos, decoración, reformas, climatización, xogueterías, librarías, tinturarías, gasolineira, transporte, bares e cafeterías, restaurantes, ocio nocturno, turismo rural, saúde e benestar e un largo etcétera.

Tamén quixo facer especial fincapé en que con esta campaña “pretendese incentivar as compras nun período onde o consumo é baixo para acadar mais de 10.000 € de retorno en compras nos negocios da localidade”

Para finalizar, o presidente,  quixo amosar o deseño da nova bolsa de algodón orgánico da ABE que ”entregarase con cada unha das 200 caixas de bonos #negocios10 para que os clientes dos nosos negocios poidan utilizala para mercar neles e promocionar o consumo local”

A presentación tamén acudiu o alcalde de Boiro, José Ramón Romero, que quixo “felicitar e apoiar o traballo da asociación a prol dos negocios locais con esta nova iniciativa de promoción comercial” 

Ademais confirmou que trala petición realizada pola ABE “ o aparcamento público do concello será gratuíto polas tardes durante toda a campaña de #negocios10 para fomentar a afluencia de clientes a zona comercial e fomentar as compras no comercio local nunhas datas onde, como indicaba o presidente da ABE,  o consumo é baixo e cumpre adoptar accións que o fomenten  ”

 

A campaña conta coa financiación da Xunta de Galicia