Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

 A ABE PRESENTA O NOVO CATÁLOGO DE PREMIOS DO SISTEMA DE FIDELIZACIÓN

 

  • Conta con 9 agasallos entre os que se inclúen os bonos ABE.
  • Xa está activo e pode consultarse na web da entidade.
  • Actualmente hai 2.819 usuarios activos e 706 tíckets rexistrados
  • Durante o primeiro ano entregáronse mais de 400 premios a clientes.
  • Estrease boletín de novas co que os subscritores terán vantaxes exclusivas como a participación nun sorteo bimensual de 50€ e bonos ABE
  • Na presentación participou o DXC, Manuel Heredia que destacou ABE “como exemplo de bo facer dentro dos Centros Comerciais Abertos de Galicia”

 

Boiro 2 de abril

 

Na mañá de hoxe tivo lugar na sede da ABE a presentación do novo catálogo de premios do sistema de fidelización da asociación que xa está activo e das novas funcionalidades que acaban de implementarse.

Na mesma estivo presente o DXC Manuel Heredia, o alcalde de Boiro, José Ramón Romero e o concelleiro de comercio, Roberto Places que acompañaron ao Presidente da entidade, Daniel García e ao Xerente, Tomás Estévez.

Antes da presentación celebrouse unha reunión entre as partes na que se falou da situación de presente e dos retos de futuro do sector retallista galego e dos proxectos a desenvolver en común entre as 3 entidades; ABE, Xunta e Concello de Boiro.

O presidente da entidade, Daniel García comezou explicando que o novo catálogo “conta con 9 agasallos con diferentes valores de puntos e entre os que figuran maletas, sets de pícnic, lámpadas cargador, reloxos ou altofalantes. Tamén se poden acadar toallas de praia, termos e set para cortar queixos.” e precisou que “Ademais dos agasallos os clientes poden cambiar os puntos por bonos ABE de 5€ para utilizar nos negocios asociados”

O sistema de fidelización funciona de maneira moi sinxela xa que o cliente so ten que rexistrar os tíckets de compra na web www.abe.gal e vai acumulando o 10% do seu importe en puntos que poderá cambiar polos premios do catálogo.

En canto aos datos de usuarios o presidente precisou que “O sistema, que se puxo en marcha hai pouco mais de un ano, ten uns datos espectaculares xa que conta con 2.819 usuarios activos, 38.706  tíckets rexistrados e 586 premios entregados aos clientes.”

Sorteos, boletín e campañas

Ademais de acumular puntos coas compras os clientes, cos mesmos rexistros, participan en sorteos de campañas como Nadal, quincenas fantásticas, volta ao cole, namorados, día do pai da nai ou Noites abertas nas que se sortean miles de euros en Bonos ABE e centos de premios.

Entre as novidades o presidente explicou que “estrease un novo boletín para que os clientes dos negocios asociados non se perdan información relevante sobre os premios do catálogo, sorteos, promocións e campañas “ ademais “os interesados poden rexistrarse na web e ao facelo terán acceso a beneficios exclusivos, entre os que se inclúe a participación nun sorteo bimensual de 50€ entre todos os subscritores.”

Datos do sistema de fidelización

(xaneiro de 2023 – marzo 2024)

 

Usuarios activos

2.819

Tíckets rexistrados

38.706

Premios entregados

586

Campañas realizadas

14

Importe de premios de campañas con Bonos ABE

13.900 €

Importe do tícket medio

62,92 €

Volume de negocio xerado polos rexistros

2.435.592,78 €

 

 

 

Valoración Director Xeral de Comercio

 

Na súa intervención o DXC, Manuel Heredia destacou a ABE “como exemplo de bo facer dentro dos Centros Comerciais Abertos de Galicia e en concreto esta iniciativa supón un exemplo perfecto de como compaxinar o comercio local coa dixitalización.”

Así mesmo destacou a importancia da “colaboración entre as diferentes administracións e entidades como factor fundamental para o desenvolvemento económico do sector comercial” e o compromiso da Xunta co sector comercial  “para seguir avanzando na dixitalización e promoción do sector”

Valoración do Sr Alcalde

Pola sua parte o Alcalde de Boiro, José Ramón Romero quixo “agradecer á DXC polo seu traballo e apoio  e colaboración a prol do comercio local de Boiro” e respecto a ABE ademais de dar a noraboa polos números acadados co sistema de fidelización desexar “que o bo facer da asociación que xa se traduciu en 2 accésits e 1 mención nos premios nacionais de comercio conleve o tan ansiado premio nacional”

Esta actividade está cofinanciada pola Xunta de Galicia e conta coa colaboración do concello de Boiro

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar