Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE pon en marcha o BONO REGALO ABE, que xa os temos a disposición dos clientes de Boiro para que poidan utilizalos para agasallar a quen queiran e cando queiran. (Nadal, cumpleanos, días especiais ou calquera outra ocasión)

Ademais poñemos en marcha unha campaña publicitaria denominada #RegalaBoiro pola que ofrecemos ás empresas que utilicen os BONOS REGALO ABE para o tradicional aguinaldo de nadal que dades aos  empregadXs.

Neste intre, fruto do traballo realizado, xa contamos con varias empresas que van a utilizar os nosos bonos para regalar aos seus traballadores (ou para complementar as tradicionais cestas de nadal).

Os bonos son a mellor solución para agasallar xa que :

  1. Están adaptados aos gustos e necesidades de cada persoa xa que pódense utilizar en calquera dos preto de 200 socios e socias da ABE. Temos ampla variedade dende alimentación, moda, calzado ou complementos ata viaxes, perruquerías e estética, masaxes, clínicas dentais ou podoloxícas, seguros, gasolina. Tamén podes ir a desaiunar, comer, cear, tomar copas, durmir nunha pensión ou casa rural ou mesmo produtos mais especializados como material de construción, fogar, ferretería, electrodomésticos e así ata un sinfín de produtos e servizos.
  2. O seu consumo é local, repercute nas propias empresas do pobo, nos nosos veciños e veciñas
  3. Amosamos unha imaxe de unidade do tecido empresarial de Boiro e aportan a ABE unha presencia moderna e adaptada aos novos tempos.
  4. Eliminan o problema de “non sei que regalar” ou o de “gustaralle?”
  5. Pero sobre todo … estás regalando BOIRO!

Os bonos xa están dispoñibles na ABE, pódense facer reservas por teléfono, mail, web ou redes sociais e recóllense en formato físico na ABE nesta chulísima Caixa personalizada.

Como funcionan?

Os bonos son unha Caixa personalizada que dentro inclúe vales de compra de 5€ e un listado de todos os socios da ABE onde se poden gastar. Na caixa tamén vai un codigo QR co que se pode descargar ou consultar o listado no mobil, tablet ou pc.

O cliente/empresa pode elixir de que cantidade merca o bono, sempre en múltiplos de 5 €

As empresas tamén poden adquirir os bonos sen a Caixa para complementar a súa cesta de Nadal ou mesmo podemos ofrecervos a posibilidade de personalizar a vosa Caixa coa imaxe corporativa da empresa.

Cando se recibe o regalo solo hai que utilizar os vales como se foran billetes en calquera dos preto de 200 socios e socias que xa veñen indicados no listado da caixa.