Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

 

A ABE PRESENTE NA I GALA DO TURISMO DE BARBANZA AROUSA

  • Dos 36 distintivos 9 son empresas asociadas
  • O xerente da ABE é o representante da entidade na mesa de calidade do destino.
  • A patronal de Boiro é a asociación que mais empresas aporta ao proxecto

 

Boiro 18 de outubro de 2023

 

Onte pola tarde tivo lugar no pazo de Goiáns a I gala do turismo promovida pola mancomunidade Barbanza Arousa co fin de entregar os distintivos de calidade Sicted (Sistema Integral de Calidad Turística en los Destinos) ás 36 empresas e servizos que o conseguiron. A concesión destas credenciais enmarcase nun proxecto lanzado pola Secretaría de Estado de Turismo, co obxectivo final de mellorar a experiencia e satisfacción dos visitantes.

A ABE está representada Mesa de Calidade do destino a través do seu xerente , Tomás Estévez, que actúa como vogal e ten como misión examinar e validar as avaliacións das empresas certificadas.

Dos 36 distintivos entregados onte, 12 corresponden á localidade de Boiro dos que 9 son empresas e todas asociadas a ABE, (os 3 restantes son o centro arqueolóxico, a oficina de turismo e o náutico de barraña) como indicaba o presidente, Daniel García, “este feito nos enche de orgullo xa que, unha vez mais somos líderes, sendo a asociación que mais empresas aporta ao proxecto e ademais o 100% conseguiron certificarse”

Na gala de onte estiveron acompañando ás empresas galardoadas ademais do presidente, o secretario, Santiago Cajaraville, o Xerente, Tomás Estévez e o Tesoureiro, Jesús Santamaría que ademais recolleu un dos diplomas Sidtec polo seu negocio.

Ademais dos premiados, técnicos e publico xeral acudiron a gala  o delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, o vicepresidente da Deputación de A Coruña, Xosé Regueira, e o delegado da Xunta na provincia, Gonzalo Trenor. Tamén estiveron os alcaldes dos catro concellos de Barbanza dos que o de Boiro é o actual presidente da mancomunidade.

En canto ao proxecto o resultado valorouse moi positivamente pola Secretaría de Estado de Turismo, xa que os 36 certificados supón unha das cifras mais altas do país para o primeiro ano de actividade.

Destacar que proximamente está previsto abrir unha nova convocatoria na que poderán participar novas empresas e entidades que queiran acadar esta certificación de calidade que entre outros beneficios puntúa de cara a conseguir axudas públicas.

Dende a ABE informaremos da convocatoria e axudamos as empresas asociadas no proceso de certificación para que lles resulte mais doado conseguilo.