Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE PRIMERA ASOCIACIÓN EMPRESARIAL EN SER ADMITIDA NA ALIANZA GALEGA POLO CLIMA

 

  • É a primeira asociación empresarial en ser admitida.
  • A Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia
  • Actualmente a alianza a conforman 56 entidades das cales 3 teñen sede en Boiro

 

Boiro 2 de maio de 2023

 

A ABE acaba de recibir a confirmación oficial por parte da Xunta de Galicia da admisión da entidade como integrante da Alianza Galega polo Clima, unha iniciativa que arrancou hai uns meses impulsada polo goberno galego.

Como explicou o presidente, Daniel García “A Alianza Galega polo Clima é unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia” ademais precisou que “esta alianza reúne a organizacións que como a nosa, esteamos dispostas a asumir un compromiso para avanzar na mellora do medio ambiente, o logro dos Obxectivos do Desenvolvemento Sustentable e a Axenda 2030”

A alianza conta xa con mais de 50 entidade adheridas en menos de un ano de funcionamento entre as que se atopan universidades, autoridades portuarias, clubs deportivos, organizacións sindicais, empresas e outras entidades, sendo a ABE a primeira asociación empresarial que se adhire.

https://alianzagalegapoloclima.gal/gl/membros

Ademais a Conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez anunciou que se está a preparar un encontro entre os membros adheridos para seguir creando sinerxías de cara a avanzar no obxectivo de acadar unha Galicia neutra en emisións de CO2.

https://alianzagalegapoloclima.gal/gl/obxectivos

Cómpre lembrar que a adhesión a esta Alianza supón asumir as liñas estratéxicas marcadas polo Goberno galego nesta materia e unha serie de deberes como establecer accións dirixidas á adaptación ou mitigación do cambio climático en Galicia; fomentar o intercambio de información científica, tecnolóxica, socioeconómica ou xurídica sobre este tema; promover e apoiar a investigación vinculada ao clima, e acelerar o desenvolvemento e a difusión de tecnoloxía para a transición cara a sistemas de enerxía de baixas emisión.

No caso da ABE valorouse positivamente a súa participación no proxecto internacional para a mitigación do efecto invernadoiro liderado pola universidade de Bari (Italia) no que se trata reducir a utilización de vehículos privados nos desprazamentos laborais mediante a posta en marcha de incentivos aos traballadores ou a nivel local a posta en marcha, xunto co Concello de Boiro, dunha maquina de reverse vending con incentivos ao reciclaxe.

A Xunta de Galicia destacou o papel da asociación como canalizadora dos obxectivos da alianza de cara ao tecido empresarial da comarca e tamén puxo en valor que sexan xa tres organizacións con sede en Boiro e todas relacionadas coa ABE (Jealsa Rianxeira e Amicos, ambas entidades son socias da patronal de Boiro) as que formen parte da alianza posicionando así ao municipio como líder neste eido a nivel autonómico.