Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A asociación Boirense de Empresarios iniciou unha campaña para informar a todos os comercios da cidade, sexan ou non asociados da entidade, sobre a iniciativa da Xunta de Galicia 'Bonos Activa Comercio'. 

Este proxecto da Xunta trata de incentivar o consumo en toda Galicia, mobilizando máis de 55 millóns de euros en vendas nos comercios de proximidade os comercios que queiran adherirse tan só teñen que poñerse en contacto coa ABE onde lles informarán da metodoloxía. 

A esta campaña poderán inscribirse todos os establecementos que cumpran os requisitos do programa e a adhesión poderá realizarse a través da web: www.bonosactivacomercio.gal. Unha vez adherido, o comercio poderá solicitar a ABE o distintivo da campaña, para poder ser identificados polos clientes, xa que desde a Xunta de Galicia decidiron xestionar a través das asociacións o envío de toda a documentación.

Dende a ABE informamos que poderán solicitar estes distintivos nas nosas oficinas todos os comercios da vila, estean ou non asociados, xa que dende a asociación colaboramos con todo o tecido empresarial. 

Para solicitar distintivo ou ben para calquera dúbida, os comerciantes poderán contactar coa ABE no 981847888 ou ben por correo electrónico en info@abe.gal 

A iniciativa de bonos desenvólvese a través dunha aplicación móbil e cada comercio poderá ofrecer aos seus clientes ata 5.000 euros en descontos. O consumidor irá gastando o importe do bono en función do valor da compra: por exemplo, as compras iguais ou superiores a 30 euros terán un desconto de 5; e as compras iguais ou superiores a 50 contarán cun desconto de 10.

 

O período de validez dos bonos será de tres meses desde o seu lanzamento.