Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

  

 

  A ABE PROMOVE UNHA CAMPAÑA PARA O USO DE ENVASES BIODEGRADABLES NA HOSTALERÍA

 

  • Poranse en circulación de mais de 6.000 envases biodegradables.
  • Os hostaleiros interesados xa poden contactar coa ABE para recoller o seu lote de envases.
  • Esta campaña segue as liñas estratéxicas establecidos no marco da Alianza Galega polo Clima.

 

Boiro 15 de setembro de 2023

 

ABE pon en marcha unha nova campaña desta volta relacionada co coidado do medio ambiente e alineada coa estratexia da Alianza Galega polo clima da que é membro.

Desta volta o obxectivo é reducir o consumo de plásticos e elementos non biodegradables nos envases que utilizan os negocios de hostalería para o envío de bebidas e alimentos a domicilio.

Deste xeito a ABE coa colaboración do Concello de Boiro distribúe aos seus locais asociados mais de 6.000 envases biodegradables feitos de caña de azucre, bambú e papel reciclado.

Dentro dos envases que se van a entregar destacan os vasos para bebidas quentes, dous tipos diferentes de soportes para estas bebidas e envases de 1,2 litros para alimentos.

Os envases tanto para comida como para bebida xa están dispoñibles e os socios da patronal que o desexen poden contactar para reservar e recoller o seu lote.

Obxectivos da campaña

Como indica o presidente Daniel García “ dende a ABE estamos apostando pola posta en marcha de diferentes accións relacionadas co coidado do medio ambiente e a economía circular e esta é unha delas” ademais afirmou que “o obxectivo é por un lado concienciar aos socios e a cidadanía que con pequenos xestos como o de utilizar envases elaborados con vexetais, como a caña de azucre, redundan nunha mellora substancial do medio ambiente e tamén serven para mellorar a imaxe de marca do tecido empresarial local que se posiciona  a prol do coidado do planeta”

Esta campaña segue as liñas estratéxicas establecidos no marco da Alianza Galega polo Clima ,unha iniciativa que avoga pola busca de medidas comúns e coordinadas que xeren sinerxias na acción climática en Galicia e da que a ABE forma parte dende maio deste ano.