Tralo éxito da campaña de verán imos a repetir o sistema do rexistro dos tíckets e facturas online para a campaña do Nadal deste ano, deste xeito participarán na campaña as 190 empresas asociadas e a ABE correrá con todos os gastos da campaña.
Será a primeira vez dende hai mais de 25 anos que non se repercutirá ningunha cuota especial aos socios con motivo da súa participación na campaña do Nadal.
Os premios increméntanse nun 33% respecto do ano anterior xa que sortearemos 3.000 € en vales de compra, para utilizar nas empresas asociadas, repartidos en 4 sorteos semanais de 500 € (5 premios de 100 €) e na última semana da campaña 1 sorteo de 1.000€ para un único gañador.
Serán válidos para rexistrar todos os tíckets e facturas emitidos entre o 4 de decembro (data de inicio da campaña) e o 9 de xaneiro (data de finalización).
O calendario de sorteos é o seguinte:
Sorteo 1 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 4 ao 12 de decembro >> sorteo o 13 de decembro
Sorteo 2 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 13 ao 19 de decembro >> sorteo o 20 de decembro
Sorteo 3 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 20 ao 26 de decembro >> sorteo o 27 de decembro
Sorteo 4 – 500€ ( 5 premios de 100 €)
Rexistros do 27 de decembro ao 2 de xaneiro >> sorteo o 3 de xaneiro
Sorteo 5 – 1.000€ ( 1 premios de 1.000 €)
Rexistros do 3 ao 9 de xaneiro >> sorteo o 10 de xaneiro
Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos 190 socios da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal
Promoción e publicidade
Os establecementos que teñen local de cara ao público como comercio, hostalería e similares lucirán carteis en círculo de 49 cms.
Complementando esta campaña e buscando achegar a imaxe das empresas asociadas aos veciños e visitantes imos colocar nas rúas de Boiro dous totems de 2,5 metros en forma de cubo no que irá ademais da imaxe da campaña os nome comercial de todos os socios da ABE.
En paralelo desenvolverase unha campaña de promoción e publicidade en medios de comunicación e redes sociais.
Para esta campaña usaremos o hashtag #nadalfantastico
Agasallo para socixs e bonos regalo ABE
Sabendo que é un ano especial a ABE tamén quixo ter un detalle cos seus asociados e asociadas e elaborou unha memoria de actividades de 16 páxinas que inclúe ademais do resumo anual e as actividades realizadas un calendario laboral de Boiro e información de servizo. Esta memoria vai incluída nunha vistosa axenda anual que será entregada a cada socio xunto coa tradicional postal de nadal.
En canto aos Bonos ABE xa están disponibles as caixas regalo para que calquera empresario ou cliente os poida mercar tanto para incluílos no tradicional aguinaldo de empresa ou para usalos como regalo de nadal.
Como curiosidade indicar que a pasada semana recibimos un pedido dende Glasgow (Escocia) que foi encargado e pagado dende aló e entregado a unha persoa de Boiro con motivo do seu aniversario.