Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

Por primeira vez nos mais de 33 anos de historia da Asociación Boirense de Empresarios, imos a poñer en marcha unha campaña na que van a participar os mais de 200 socixs da entidade.

Co inicio do verán comezamos unha nova campaña de promoción na que imos a sortear 2.000 € en bonos ABE para mercar en calquera das mais de 200 empresas asociadas.

A campaña denominada Quincenas Fantásticas vaise desenvolver entre o 1 de xullo e o 31 de agosto e sortearemos 500 € ao remate de cada unha das 4 quincenas. (1 premio de 250, 1 premio de 150 e 1 premio de 100 euros)

Para participar os clientes deben realizar unha compra en calquera dos socixs da ABE, facer unha foto do tícket ou factura e rexistrala en www.abe.gal

Trátase dunha campaña sen precedentes xa que son válidos os tíckets de comercios, bares, restaurantes, ocio nocturno pero tamén os tíckets ou facturas de calquera outra empresa asociada, por exemplo, perruqueiras, dentistas, fisios, seguros, pintores, reparacións ... en definitiva calquera gasto realizado nun dos socixs da ABE.

Para os establecementos que teñen local de cara ao público como comercio, hostalería e similares lucirán carteis en círculo de 49 cms e grinaldas de cores de 90 cms .

Complementando esta campaña e buscando achegar a imaxe das empresas asociadas aos veciños e visitantes imos colocar nas rúas de Boiro dous totems de 2,5 metros en forma de cubo no que irá ademais da imaxe da campaña os nome comercial de todos os socixs da ABE.

Aos 2.000 € en premios hai que engadirlle outros 4 premios de 30€ que se porán en xogo dende as redes sociais da ABE, un por cada quincena coa finalidade de promocionar a campaña e buscar o máximo alcance.

 Para esta campaña usaremos o hashtag #quincenasfantasticas

Sorteos cada quincena

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de xullo >> sorteo o 19 de xullo

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de xullo >> sorteo o 2 de agosto

Tíckets rexistrados do 1 ao 15 de agosto >> sorteo o 16 de agosto

Tíckets rexistrados do 16 ao 31 de agosto >> sorteo o 1 de setembro

Premios

 2000 € > 500€ cada quincena

 1 premio de 250 €

1 premios de 150 €

1 premios de 100 €