Tras un parón obrigado polas restricións covid de 2 anos a patronal Boirense retoma este mes de marzo un dos seus formatos mais exitosos, os Almorzos ABE.
Este formato de charla empresarial sobre temas de actualidade, púxose en marcha por primeira vez no ano 2019 e polo mesmo pasaron poñentes do nivel de Eduardo García Erquiaga, Director Xeral de Galicia Business School, Diego Alvela, Director de negocio TPV e ecomerce de Banco Sabadell ou Adolfo Campos, Director de Inade e da fundación Inade.
Nesta ocasión a temática tamén vai ligada a máxima actualidade e contaremos coa presencia do Consultor enerxético, Diego Carnés que é Delegado de Grupo ae2000 para falar sobre “ Os cambios que se aveciñan no mercado eléctrico e como aforrar na factura “
Trataranse temas como os cambios que se produciron na subasta dos prezos e como estes se trasladaron as facturas ou se nos convén contratar un prezo fixo ou indexado.
O formato será de almorzo de traballo que se inicia cunha charla de 45 minutos e despois os asistentes poderán facer preguntas e compartir un café co poñente e resto de convidados.
O almorzo terá lugar o vindeiro xoves 24 de marzo ás 9:00 hs no salón de actos da ABE, a inscrición é gratuíta e inclúe almorzo, iso si, as prazas son limitadas e asígnanse por orde de reserva
a través do correo info@abe.gal ou no 981 84 78 88
Almorza con nos e camiña cara unha empresa mais innovadora