Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE SOLICITA AO CONCELLO A POSTA EN MARCHA DE MEDIDAS DE PROMOCIÓN ECONÓMICA URXENTES

 A exención das taxas das terrazas e a posta en marcha dunha campaña de Bonos para incentivación do consumo forman parte da solicitude da patronal Boirense

 

 Boiro 22 de setembro de 2022

 Ante a delicada situación económica que estamos a vivir motivada pola inestabilidade internacional, alzas dos prezos de produtos e servizos e sobre todo pola escalada de prezos nos combustibles; a ABE entende que os organismos públicos deben realizar un esforzo para tratar de paliar na medida do posible os efectos que esta inestabilidade provoca nas empresas.

 Por este motivo a ABE presentou unha proposta ante o Concello de Boiro para a posta en marcha de dúas medidas concretas que poden axudar en parte a mitigar estes efectos adversos:

 

  1. Manter para o ano 2023 a exención do pago da taxa municipal por instalación de terrazas para o sector hostaleiro.

 

  1. A posta en marcha dunha campaña de incentivación das compras coa emisión de BONOS para utilizar nos sectores de comercio e hostalería (Campaña como os BONOS ACTIVA COMERCIO DA XUNTA)

Esta segunda proposta xa fora presentada e solicitada pola ABE no ano 2020 en plena pandemia e acordada a súa realización por parte do concello cando houbera orzamento disponible.

 A ABE tamén se puxo a disposición do concello de Boiro para analizar e implementar estas e calquera outra acción de promoción empresarial que se queira poñer en marcha e que axude aos sectores produtivos locais.