Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

A ABE SOLICITA AS FORZAS DE SEGURIDADE CONTROL NA VENDA DE PRODUTOS FALSIFICADOS DURANTE AS FESTAS DE BOIRO

   

Boiro 1 de xullo de 2022

 Con motivo do comezo das festas de Boiro xurde unha nova problemática que prexudica ao sector comercial, trátase da venda de produtos falsificados, que como acabamos de comprobar están á venda en moitos dos postos que se colocan nas rúas de Boiro durante estes días.

 A ABE trasladou ao Concello, que ten outorgadas as competencias en materia de inspección comercial en base a lei interior de comercio de Galicia, este feito e solicitamos que se actúe impedindo a venda de todo produto falsificado.

 A ABE como representante maioritario do comercio local ten como responsabilidade alertar deste tipo de prácticas no noso termo municipal pero debe ser o concello a través da policía local que realice as inspeccións oportunas e de ser o caso as correspondentes sancións.

Solicitamos tamén que dende o concello se de traslado desta problemática á garda civil que noutras ocasións actuaron realizando intervencións sobre esta materia.

Recordar que hoxe comezan as rebaixas e a venda de produtos falsificados, ademais de ilegal, resulta unha importante competencia desleal para co comercio local.