Utilizamos cookies de terceros para mejorar continuamente nuestros servicios. Si continúas navegando aceptas el uso de éstas.   Saber máis - Aceptar.

© Asociación Boirense de Empresarios. T: 981 847 888

https://www.facebook.com/asociacionboirensedeempresarios/https://es.linkedin.com/in/empresariosboirohttps://www.youtube.com/user/boiroaberto

 

Con motivo do comezo das festas de Boiro xurde unha nova problemática que prexudica ao sector comercial, trátase da venda de produtos falsificados, que ano ras ano están á venda en moitos dos postos que se colocan nas rúas de Boiro durante estes días.

A ABE trasladou ao Concello, que ten outorgadas as competencias en materia de inspección comercial en base a lei interior de comercio de Galicia, este feito e solicitamos que se actúe impedindo a venda de todo produto falsificado.

A ABE como representante maioritario do comercio local ten como responsabilidade alertar deste tipo de prácticas no noso termo municipal pero deben ser as autoridades as que realicen as inspeccións oportunas e de ser o caso as correspondentes sancións.

Solicitamos tamén que dende o concello se de traslado desta problemática á garda civil que noutras ocasións actuaron realizando intervencións sobre esta materia.

Recordar que co inicio das festas do verán comezan as rebaixas e a venda de produtos falsificados, ademais de ilegal, resulta unha importante competencia desleal para co comercio local.