Hoxe deu comezo na ABE o curso de 15 horas de Marketing Dixital e Redes Sociais que imparte un dos mais recoñecidos expertos en Marketing do pais, Javier Rocamora. Son 24 empresarios de diferentes sectores de actividade os que asisten a este taller no que en 3 sesión de 5 horas abordaranse diferentes contidos de mk dixital, web e redes sociais da man de Javier Rocamora un profesional do ámbito da xestión comercial e do marketing dende 2007 que publica regularmente artígos en Marketing For eCommerce, unha das publicaciones online de referencia a nivel nacional en comercio electrónico.
A través da sua marca Las 3 En Punto,traballa as diferentes áreas do marketing en internet. Entre seus proxectos máis destacados figuran a redación de contidos eformación no proxecto “¿Vendes en internet?” da entidade estatal Red.es, o deseño e implantación da estratexia dixital a nivel europeo da multinacional islandesa Saeplast, a xestión da campaña estival en internet de 2017 para Turismo de Galicia e o Camiño de Santiago ou a sua participación en proxectos para Telefónica, Applus, Carrefour, Media Markt, Grupo Vegalsa-Eroski, Pescanova, Elogia Media, BAP Conde, Roi Scroll e un largo etcétera.
Esta acción formativa presencial estase a desenvolver na aula polivalente da ABE que conta con 100 metros cadrados e unha distancia entre alumnos de 3 metros o que a fai ademais de cómoda moi segura ao cumplir co dobre de distanciamento de seguridade do que pide a normativa actual.